UN ICEBERG TABULAR PERFECTAMENTE CADRADO
Cando un mira a fotografía da NASA sobre este pedazo de fío non pode evitar sorprenderse. É perfectamente rectangular coma se fose esculpido polo home, pero non, é totalmente obra da natureza.
A fotografía, tomada grazas á Operación IceBridge e publicada nas redes sociais da NASA, converteuse en viral pola perfección do seu corte. Pero, como todo, ten a súa explicación científica.
Kelly Brunt, unha das científicas da NASA e da Universidade de Maryland, explicou á revista Live Sciencie que este curioso pedazo de xeo formouse por un proceso que é bastante común nos bordos dos icebergs. “Temos dous tipos de iceberg: o que todos imaxinamos na nosa cabeza, que afundiu o Titanic, e que parecen prismas ou triángulos na superficies. E logo existen o que se chama icebergs tabulares”, sinalou Brunt.
Estes iceberg tabulares son anchos, planos e longos. Sepáranse dos bordos das plataformas de xeo, conectadas á terra, e flotan sobre a auga como unha plataforma independente. Este iceberg captado pola NASA crese que proviña da plataforma de xeo Larsen C na Península Antártica.
A Larsen C é unha extensión flotante de glaciares localizada ao longo da costa oriental da península Antártica. Desta enorme plataforma desprendeuse en xullo de 2017 o maior iceberg do mundo denominado A68 que pesa máis dun billón de toneladas e mide 5.800 km cadrados.
Segundo explica Brunt, “os iceberg tubulares fórmanse a través dun proceso similar ao do crecemento das uñas: cando unha uña medra demasiado crébase ao final. Medran moito e, ao final, rompen. O resultado é que adoitan ser rectangulares e ofrecen formas xeométricas”. Pero o realmente extraordinario deste caso en concreto é a súa forma increiblemente perfecta, “o que fai que isto sexa inusual é que parece case un cadrado”, engade Brunt.
Este iceberg tubular podería medir máis de 1,6 km de ancho, e iso é só o 10% da masa total do iceberg, xa que a masa de maior tamaño atópase oculta baixa a auga. Ademais, segundo explicou a NASA, polo seu aspecto da súa superficie e os ángulos tan afiados probablemente desprendeuse hai pouco da plataforma.
FONTE: Neus Palau/lavanguardia.com/natural
0 comentarios