CANTO SABES SOBRE A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL? VIII
Continúo coa serie Canto sabes sobre a Segunda Guerra Mundial, o conflito conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade, que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. A contestación á pregunta de onte é O 22 de xuño de 1941, exactamente o mesmo día en que Napoleón anunciara a súa intención de invadir Rusia en 1812. O nome da operación é unha homenaxe a Federico I Barbavermella cuxo nome está unido ao nacionalismo alemán do século XIX. Esta operación significou un duro golpe para as desprevidas forzas soviéticas, que sufriron fortes baixas e perderon grandes extensións de territorio en pouco tempo. Con todo, a chegada do inverno ruso acabou cos plans alemáns de terminar a invasión en 1941. Durante o inverno, o Exército Vermello contraatacou e anulou as esperanzas de Hitler de gañar a batalla de Moscova. A operación acabou o 5 de decembro de 1941 coa retirada do exército alemán.
E imos coa pregunta de hoxe!
8. A participación de Italia na Segunda Guerra Mundial, foi…
- Do lado da Alemania nazi de Adolf Hitler contra Francia, o Reino Unido e o resto de aliados.
- Do lado dos aliados.
- As dúas anteriores.
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org Imaxe Mussolini: okdiario.com
0 comentarios