CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? IX
Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? As abellas son insectos cruciais para a polinización, tanto de cultivos como de plantas silvestres, o seu comportamento e organización social aínda encerra misterios.
A contestación correcta á pregunta de onte é A súa lingua. As abellas absorben coa súa longa ligua ou proboscis (composta de varias partes) o néctar das flores e introdúceno no bucho melario que teñen na rexión torácica, regresando á colmea onde o entregan ás obreiras novas. Despois, volven saír en busca de máis néctar.
E imos coa pregunta de hoxe!
9. Que cor é imperceptible polas abellas?
- O azul
- O verde
- O vermello
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es, fundacionaquae.org e aportacións propias con infor mación gal.wikipedia.org Imaxe: nationalgeographic.com.es
0 comentarios