PERSEIDAS 20201
Perseidas / Imaxe: elmundo.es/ciencia
Como cada verán, as Perseidas ou Bágoas de San Lourenzo irrompen na bóveda celeste, do 17 de xullo ao 24 de agosto, con máximo na noite do 12 ao 13, cunha Tasa Horaria Zenital (THZ) por encima dos 110 meteoros/h. Corpo proxenitor cometa 109P/Swift-Tuttle. O seu radiante é a constelación de Perseo (alfa: 46 delta: +58).
Para gozar deste espectáculo nocturno hai que fuxir das cidades e da contaminación lumínica. Débense buscar zonas elevadas e afastadas, onde se poida observar abertamente o ceo sen obstáculos nin grandes áreas iluminadas preto.
A chuvia de meteoros pódense ver en todas partes do ceo pero hai que ter moi en conta o lugar de onde parten para contemplalas mellor. Neste caso, a nosa referencia debe ser a constelación de Perseo que sae polo horizonte nordés un pouco antes da medianoite
As bágoas de San Lorenzo contan ademais cunha aliada que non lles restará protagonismo: a lúa nova entrou o día 8, e esta noite, momento máximo, estará de camiño a cuarto crecente de cara o día 15, polo que esta baixa luminosidade permitirá unha mellor observación do fenómeno. Ademais o tempo atmosférico acompañará.
Disfrutade do espectáculo!
0 comentarios