Blogia
vgomez

CANTO SABES DA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL? II

Continúo coa serie Canto sabes sobre a Segunda Guerra Mundial, o conflito conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade, que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. A contestación á pregunta de onte é Comezou coa invasión de Polonia por parte de Alemaña o 1 de setembro de 1939. Ise día, Alemaña invadiu Polonia, usando o pretexto dun ataque polaco simulado nun posto fronteirizo alemán. A chaira polaca ofrecía unha vantaxe para o desprazamento dos blindados alemáns, aínda que os bosques e as estradas mal construídas eran problemas que facían máis arduo o avance. Alemaña avanzou usando a blitzkrieg (’guerra lóstrego’). O Reino Unido e Francia déronlle dous días a Alemaña para retirarse de Polonia. Unha vez que pasou a data límite, o 3 de setembro, o Reino Unido, Australia, e Nova Zelandia declaráronlle a guerra a Alemaña, seguidos rapidamente por Francia, Sudáfrica e Canadá.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. En que ano accedeu Hitler e o partido nacional-socialista ao poder?

- 1933

- 1936

- 1939

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org

0 comentarios