CANTO SABES SOBRE COGOMELOS? IX
Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE COGOMELOS, na que pos a proba os teus coñecementos sobre istes fungos que adoitan medrar en lugares húmidos e pouco soleados.
A contestación correcta a proposta de onte é Amanita muscaria. Tamén chamada rebentabois, brincabois ou amanita pinta, é un cogomelo tóxico, pertencente á orde Agaricales, caracterizado polo seu sombreiro de cor vermella ou alaranxada salpicado de numerosas pintas brancas. Ao nacer, ten a forma dunha pequena bóla branca e carnosa, que termina rompendo ao desenvolver o sombreiro. Este é practicamente hemiesférico pero pouco a pouco vai estendéndose e tomando a clásica forma de paraugas, aplanado e co bordo lixeiramente estriado. A cor propia é vermella e vai clareando na madurecer, ata cores laranxas ou amareladas. O veo branco que pechaba ese ovo inicial queda fragmentado sobre a superficie do sombreiro formando esas pintas brancas, que van desprendéndose co paso do tempo, sobre todo baixo chuvias importantes, que as arrastran. Estes restos de veo poden arrancarse facilmente. O sombreiro é carnoso e húmido ou algo viscoso. Pode alcanzar un tamaño de 12–15 cm de altura e un diámetro de 8 a 20 cm. Na parte inferior do sombreiro están as láminas, sempre brancas, moi mestas e co bordo interno libre; a esporada é tamén branca. O pé ou talo, esvelto e de ata 3 cm de sección, tamén é branco, coa base engrosada e presenta un anel branco, membranoso, lobulado e colgante, ás veces coa marxe amarelenta e estriada. Cando o exemplar alcanza a madurez, o pé pode mostrar unha canle oca no seu interior. Como tódalas especies deste xénero, na base do pé atópase unha volva que, neste caso, adopta a forma dunha serie de rodas de vultos ou engrosamentos, tamén brancos, a modo de espullas.
E imos coa proposta de hoxe!
9. Identifica:
- Amanita phalloides
- Cantarellus cibarius
- Lactarius torminosus
- Suillus bovinus
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal de es.educaplay.com, es.wikipedia.org e fichasmicologicas.com
0 comentarios