Blogia
vgomez

CANTO SABES DE IRLANDA? XIV (FIN)

Remato coa serie adicada a Irlanda (Éire), un dos vinte e sete Estados soberanos que forman a Unión Europea, que ocupa a maior parte da illa homónima. É un país fascinante e con bastante historia, música tradicional, literatura, lendas celtas…

A contestación correcta á pregunta de onte é 1922. O moderno Estado irlandés conseguiu a súa independencia efectiva do Reino Unido en 1922, tras unha guerra de independencia que acabou coa firma do Tratado anglo-irlandés, firmado en Londres, o 6 de decembro de 1921, pondo fin a guerra e o establecemento o Estado Libre Irlandés, que entrou en vigor o 6 de decembro de 1922, mentres que o Úlster, daquela Irlanda do Norte, permaneceu dentro do Reino Unido. Isto agudizou o Conflito de Irlanda do Norte, (o cal aínda perdura, a pesar das negociacións de paz), entre forzas unionistas probritánicas, e a poboación que pretende a Independencia do Reino Unido, e a integración coa República de Irlanda. Aínda que en principio, Irlanda foi un dominio dentro do Imperio británico, co nome de Estado Libre Irlandés, en 1931 clarificouse a súa completa independencia lexislativa e en 1937 adoptou unha nova constitución e o nome de Irlanda. En 1949 elimináronse os deberes restantes da figura do rei de Irlanda e o país declarouse unha república. O Estado non tivo relacións formais con Irlanda do Norte durante a maior parte do século XX, pero desde 1999 cooperaron en varias políticas no marco do Consello Ministerial Norte-Sur creado polo Acordo de Venres Santo.

Páxina de firmas do Tratado Anglo-Irlandés de 1921

A principios do século XX, as medidas económicas proteccionistas debilitaron a economía irlandesa e por iso foron desmanteladas nos anos 1950. Irlanda uniuse á Comunidade Económica Europea en 1973. O liberalismo económico desde finais dos anos 1980 resultou nunha rápida expansión económica, particularmente entre 1995 e 2007, etapa en que Irlanda foi coñecida como o Tigre Celta. En 2008 comezou unha crise financeira sen precedentes que, unida á crise económica mundial, puxo fin á devandita etapa de rápido crecemento económico. Con todo, dado que a economía irlandesa foi a que máis medrou na UE en 2015, Irlanda volve subir rapidamente nas táboas de clasificación comparando riqueza e prosperidade a nivel internacional.

En 2017, Irlanda apareceu no cuarto lugar das nacións máis desenvolvidas do mundo no índice de desenvolvemento humano das Nacións Unidas. Así mesmo, a república irlandesa está nos postos máis altos en materia de liberdade económica, política e de prensa. A República de Irlanda está na actualidade entre os países máis ricos do mundo en termos de renda per cápita. Hoxe en día, Irlanda é un dos países fundadores do Consello de Europa e da OCDE. O país segue unha política de neutralidade e non aliñación e por iso non é membro da OTAN, aínda que si participa na Asociación para a Paz.

E así remato esta serie esperando que servise para coñecer millor este país, moi parecido en paisaxes e cultura á nosa Galicia!

Ata a próxima serie!

FONTE e im axe: es.wikipedia.org

0 comentarios