CANTO SABES DA PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL? XIII
Continúo coa serie Canto sabes sobre a Primeira Guerra Mundial, un conflito bélico mundial que tivo lugar entre 1914 e 1918 e que involucrou a todas as grandes potencias do mundo, na que morreron máis de nove millóns de combatentes. A contestación correcta á pregunta de onte é Petrogrado. Hoxe coñecida como San Petersburgo, entón Petrogrado (despois Leningrado) foi capital do Imperio ruso durante máis de douscentos anos, ata que en marzo de 1918 substituíuna Moscova.
E imos coa pregunta de hoxe!
13. O armisticio foi asinado o 11 de novembro de 1918, rematara coa loita real da Primeira guerra mundial. Posteriormente e durante varios meses levaronse a cabo as negociacións na Conferencia de Paz de París para rematar o tratado de paz. Este chamouse o tratado de Versalles, pero en que data foi asinado?
- 28 de xuño de 1919
- 21 de outubro de 1919
- 10 de xaneiro de 1920
Mañá a solución e remate da serie!
FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org Imaxe: wikipedia.org
0 comentarios