Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE A PRIMEIRA GUERA MUNDIAL? XII

Continúo coa serie Canto sabes sobre a Primeira Guerra Mundial, un conflito bélico mundial que tivo lugar entre 1914 e 1918 e que involucrou a todas as grandes potencias do mundo, na que morreron máis de nove millóns de combatentes. A contestación correcta á pregunta de onte é Eduardo Dato. O Presidente do Consello de Ministros Eduardo Dato e Iradier (A Coruña, 1856-Madrid, 1921) pertencia ao Partido Conservador. España na Primeira Guerra Mundial mantívose neutral durante todo o conflito, pero este tivo importantes consecuencias económicas, sociais e políticas para o país, ata tal punto que se adoitan situar nos anos da guerra o inicio da crise do sistema da Restauración, que en 1923 tentaríase resolver mediante un golpe de estado que deu paso á instauración da ditadura de Primo de Rivera.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. O zar ruso, Nicolás II, declarou a guerra a Alemaña o 1 de agosto de 1914.​ Esa mesma tarde, o embaixador alemán acudira ao Ministerio de Asuntos Exteriores para recibir a resposta rusa ao ultimato do día anterior, que foi negativa e determinou a declaración de guerra de Alemaña. Cal era, naquel momento, a capital rusa, e na que sucedéronse durante unha semana manifestacións  patrióticas e ataques aos cidadáns e propiedades alemán?

- Moscova

- San Petersburgo

- Petrogrado

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org  Imaxe: reasilvia.com

0 comentarios