Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL? X

Continúo coa serie Canto sabes sobre a Primeira Guerra Mundial, un conflito bélico mundial que tivo lugar entre 1914 e 1918 e que involucrou a todas as grandes potencias do mundo, na que morreron máis de nove millóns de combatentes. A contestación correcta á pregunta de onte é 6 de abril de 1917. O 2 abril, o presidente Woodrow Wilson falou ante o Congreso. Cun profundo sentido do paso solemne e tráxico que estaba a tomar, dixo aos parlamentarios que debían considerar as accións alemás como unha declaración de guerra contra o goberno e o pobo de Estados Unidos. A neutralidade armada resultara ineficaz, pois era imposible de instrumentar para defender aos barcos contra os ataques de submarinos alemáns. "Non temos nada en contra do pobo alemán. Os nosos únicos sentimentos cara a eles son de simpatía e amizade", dixo Wilson. Pero, agregou, "o mundo debe ser un lugar seguro para que exista a democracia". Dous días máis tarde o Senado votou a favor da resolución de Wilson e outros dous días despois foi aprobado pola Cámara de Representantes. Foi así que o 6 de abril de 1917, o presidente asinou a súa declaración oficial. Estados Unidos entraba na Primeira Guerra Mundial.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. En que data entrou Xapón na Primeira Guerra Mundial?

- 14 de agosto de 1914

- 23 de agosto de 1914

- 25 de maio de 1915

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org  Imaxe: elgrancapitan.org

0 comentarios