CÓCTEL DE SABERES (SEGUNDA PARTE) VIII
Continúo co segunda parte da serie CÓCTEL DE SABERES, na que se pertende poñer a proba os teus coñecementos xerais sobre distintas disciplinas.
A contestación correcta á pregunta do día anterior é O cura vermello. Antonio Lucio Vivaldi (Venecia, 4 de marzo de 1678-Viena, 28 de xullo de 1741), coñecido como Antonio Vivaldi, foi un compositor, violinista, impresario, profesor e sacerdote católico veneciano do Barroco. Era alcumado Il prete rosso (O cura vermello) por ser sacerdote e con pelo roxo. Considéraselle un dos máis grandes compositores barrocos, a súa influencia durante a súa vida estendeuse por toda Europa e foi fundamental no desenvolvemento da música instrumental de Johann Sebastian Bach. A súa mestría reflíctese en cimentar o xénero do concerto, o máis importante da súa época. Compuxo unhas 770 obras, entre as cales se contan máis de 400 concertos, para violín e unha variedade doutros instrumentos musicais, e preto de 46 óperas. É especialmente popular como autor da serie de concertos para violín e orquestra As catro estacións. Como curiosidade, Champiñonciño era como chamaban os seus amigos a Franz Schubert.
E imos coa pregunta de hoxe!
8. En que ano estreouse Metropolis, o clásico de ciencia ficción de Fritz Lang?
- 1924
- 1927
- 1931
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gl.wikipedia.org
0 comentarios