Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL? XI

Continúo coa serie Canto sabes sobre a Primeira Guerra Mundial, un conflito bélico mundial que tivo lugar entre 1914 e 1918 e que involucrou a todas as grandes potencias do mundo, na que morreron máis de nove millóns de combatentes. A contestación correcta á pregunta de onte é 23 de agosto de 1914. O 7 de agosto de 1914, só tres días despois de que Gran Bretaña declarase a guerra ao Imperio Alemán, o goberno xaponés recibiu unha solicitude oficial do goberno británico de axuda para destruír aos asaltantes alemáns da Kaiserliche Marine en augas chinesas e os seus arredores. Xapón, desexoso de reducir a presenza das potencias coloniais europeas no sueste asiático, especialmente nas costas de China, enviou a Alemaña un ultimato o 14 de agosto de 1914, que quedou sen resposta. Xapón entón declarou formalmente a guerra ao Imperio Alemán o 23 de agosto de 1914, entrando así na Primeira Guerra Mundial como aliado de Gran Bretaña, Francia e o Imperio Ruso para apoderarse das illas Caroline, Marshall e Mariana no Pacífico, de propiedade alemá. A única batalla importante que tivo lugar entre Xapón e Alemaña foi o asedio do porto chinés de Tsingtao controlado polos alemáns na baía Kiautschou.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. España na Primeira Guerra Mundial mantívose neutral durante todo o conflito. O 7 de agosto de 1914, a Gaceta de Madrid publicaba un real decreto polo que o goberno críase no “deber de ordenar a máis estrita neutralidade aos súbditos españois conforme as leis vixentes e aos principios do dereito público internacional". Quen era Presidente do Consello de Ministros daquela?

- Álvaro de Figueroa

- Eduardo Dato

- Manuel García Prieto

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org  Imaxe: wikipedia.org

0 comentarios