Blogia
vgomez

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA DE ESPAÑA? X

Continúo coa serie adicada á xeografía española, xa que coñecela en profundidade non só nos axuda a entender mellor o noso país, senón tamén a interpretar como inflúe na nosa cultura, economía e formas de vida.

A contestación correcta á pregunta de onte é Pirineos. O Pico da Maladeta, ou Tuca d’A Maladeta na súa denominación orixinal, é un cume montañoso de 3.312 metros de altitude situada nos Pireneos, próxima ao Pico Aneto (Tuca d’Aneto). Atópase situado no Parque natural Posets-Maladeta, no municipio de Benasque, provincia de Huesca, comunidade autónoma de Aragón.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Cal é a capital do País Vasco?

- Donostia (San Sebastián)

- Vitoria (Vitoria-Gasteiz)

- Bilbao

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Propia e es.wikipedia.org   Imaxes: nevasport.com e es.wikipedia.org

0 comentarios