TAL DÍA COMO HOXE: 2 DE MAIO...
1598 O rei de España (Felipe II) e o de Francia (Enrique IV) asinan a Paz de Vervins, un dos tratados que serviu para acabar as Guerras de Relixión de Francia.
1808 En Madrid (España) o levantamento do 2 de maio contra o exército francés de Napoleón Bonaparte, e como consecuencia das noticias do seu fracaso o mesmo día o Bando dos alcaldes de Móstoles inicia a Guerra de independencia.
1879 En España fúndase o Partido Socialista Obreiro Español (PSOE).
1939 O cardeal Eugenio Pacelli asume o papado co nome de Pío XII.
1949 Arthur Miller (pola súa obra teatral Morte dun viaxante) e Robert Sherwood (pola súa biografía de Franklin Delano Roosevelt) reciben o premio Pulitzer.
1994 O Congreso Nacional Africano, partido de Nelson Mandela, logra unha espectacular vitoria nas primeiras eleccións democráticas en Sudáfrica tras o apartheid.
1998 En Bruxelas créase o Banco Central Europeo para definir e executar a política monetaria da UE.
2011 Un equipo de forzas militares estadounidenses declara localizar e matar a Osama bin Laden, o terrorista máis buscado do mundo, xefe da banda terrorista Al Qaeda.
FONTE: hoyenlahistoria.com Imaxes: es.wikipedia.org e hoyenlahistoria.com
0 comentarios