ADIVIÑA O CIENTÍFICO V
Continúo coa serie adicada aos científicos, que co seu celo, paixón, dedicación, traballo duro e esforzo axudoulles a descubrir algo novo sobre o mundo en que vivimos.
A contestación correcta á pregunta de onte é Blaise Pascal. "O home non é nada comparado co infinito." Esta é unha das frases máis famosas de Pascal, á que podemos engadir as seguintes: "O home non é máis que unha cana, a máis débil de todas, pero unha cana que pensa." "Se non actúas como pensas, terminarás pensando como actúas." "Vale máis saber algunha cousa de todo que sabelo todo dunha soa cousa." Blaise Pascal naceu en Clermont-Ferrand o 19 de xuño de 1623 e morreu en París o 19 de agosto de 1662. Foi un matemático, físico, filósofo, teólogo católico e apoloxista francés. As súas contribucións á matemática e á historia natural inclúen o deseño e construción de calculadoras mecánicas, achegas á teoría da probabilidade, investigacións sobre os fluídos e a aclaración de conceptos tales como a presión e o baleiro. Despois dun trastorno depresivo e unha experiencia relixiosa profunda en 1654, Pascal dedicouse tamén á filosofía e á teoloxía.
E imos coa pregunta de hoxe!
5. A que científico do século XX escantánalle as películas do oeste?
- Guglielmo Marconi
- Niels Bohr
- Sigmund Freud
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e gl.wikipedia.org Imaxes: es.la-croix.com e idealista.com
0 comentarios