SABÍAS QUE... POR QUE RAZÓN NON VEMOS TODOS AS MESMAS CORES?
O maxenta, o salmón, o fucsia e o coral son cores vivas e cativadoras que forman parte da nosa paleta cromática. Cada un deles posúe a súa propia identidade visual, evocando distintas asociacións e sensacións. Así, por exemplo, o maxenta é un ton brillante que se sitúa entre o púrpura e o vermello, emana enerxía e sofisticación; o salmón é un ton suave e cálido que transmite calidez e unha sensación acolledora; o fucsia é unha cor intensa e audaz, unha fusión entre o rosa e o púrpura que esperta vitalidade e entusiasmo, por último, o coral é unha cor versátil que se asocia coa vitalidade e o dinamismo.
Agora ben, somos todos capaces de distinguir estes catro cores? Ou, pola contra, sería posible que non fosen vistos de igual forma por tres persoas escollidas ao azar?
Ninguén dubida que as cores son elementos fundamentais que dan vida e significado á nosa contorna, constituíndo unha parte esencial da nosa percepción. Ademais, inflúen nas nosas emocións, comportamentos e experiencias. E é que, desde o resplandor do amencer ata o suave solpor, as cores rodéannos e ofrécennos unha riqueza visual incomparable.
As cores, ademais, permítennos expresarnos e comunicarnos de maneira non verbal. Na arte, a elección cromática inflúe na narrativa da pintura e con eles somos capaces de transmitir estilos, estados de ánimo e personalidades.
Sen centrámonos agora no terreo da fisioloxía, a nosa visión das cores comeza cos sensores situados na retina, os fotorreceptores, que transforman a información da luz en sinais eléctricos que son enviadas ao cerebro.
Os seres humanos estamos dotados de tres fotorreceptores diferentes, chamados conos, para ver as cores: S, M e L (short, medium e long). O cono S é o que percibe mellor o espectro curto (azuis e violetas), o cono L distingue as lonxitudes longas (laranxas e vermellos) e, por último, os conos M están deseñados para captar as cores relacionadas no espectro do verde. A información, finalmente, combínase para crear a paleta cromática.
Se poñemos cifras a este universo de cores, estímase que na nosa retina hai, aproximadamente, uns sete millóns de conos, os cales nos permiten distinguir ata dez millóns de cores diferentes.
Se baixamos un banzo na complexidade histolóxica, a chave para ver o inmenso azul do ceo ou o verde do noso xardín reside nunhas moléculas chamadas opsinas, que se atopan localizadas nos conos.
As persoas daltónicas teñen unha debilidade patolóxica nos fotorreceptores para o verde, de forma que perden a sensibilidade aos tons relacionados con esta cor. No outro extremo atópanse as persoas que teñen catro fotorreceptores en lugar de tres, coñécellas como tetracrómatas e isto significa que son máis sensibles á cor na escala situada entre o vermello e o verde. Calcúlase que un 50% das mulleres teñen catro conos, en lugar de tres. Por iso son elas na súa maioría as que describen obxectos de cor magenta, salmón, fucsia ou coral.
Quizais, só quizais, cando os nosos devanceiros eran cazadores-recolectores cada sexo desenvolveu unhas habilidades cromáticas diferentes para realizar as súas actividades. As mulleres, máis dedicadas a labores de recolección, desenvolveron un mellor recoñecemento de obxectos estáticos, xa que era moi importante discernir as plantas velenosas das que non o eran. Pola súa banda, eles, os encargados da caza, especializáronse en detectar obxectos en rápido movemento.
Outro aspecto importante, e que pon de manifesto por que non todos detectamos os mesmos cores, é que os conos non están sós na retina, comparten hábitat cos bastóns, os cales permítenos ver a contorna cando a luz escasea. Estes fotorreceptores están especializados no espectro visual comprendido entre o S e o M, o que se corresponde cos tons do azul claro ou cian. Noutras palabras, percibimos de distinta forma as cores segundo a intensidade de luz que haxa no ambiente.
A todo isto, habería que engadir que o cristalino cambia coa idade, volvéndose máis opaco á luz azul, e que a mácula ocular pode entorpecer a visión dos tons máis fríos. Por último, pero non por iso menos importante, habería que engadir á ecuación da percepción das cores o acervo cultural, o cal intervén na categorización cromática da nosa contorna.
FONTE: Pedro Gargantilla/abc.es/ciencia
0 comentarios