Blogia
vgomez

ADIVIÑA O CIENTÍFICO IV

Continúo coa serie adicada aos científicos, que co seu celo, paixón, dedicación, traballo duro e esforzo axudoulles a descubrir algo novo sobre o mundo en que vivimos.

A contestación correcta á pregunta de onte é Vera Rubin. Vera Cooper Rubin, nada en Filadelfia (Pensilvania) o 23 de xullo de 1928 e finada en Princeton (Nova Jersey) o 25 de decembro de 2016, foi unha astrónoma estadounidense, pioneira na medición da rotación das estrelas dentro dunha galaxia. As súas medicións puxeron de manifesto que as curvas de rotación galáctica mantéñense planas, contradicindo o modelo teórico, sendo a evidencia máis directa e firme da materia escura.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. A que científico asignarías a frase: “O home non é nada comparado co infinito”?

- Stephen Hawking

- Johannes Kepler

- Blaise Pascal

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es  e gl.wikipedia.org   Imaxes: Vassar College Library e muyinteresante.es

0 comentarios