CANTO SABES DE EUSKADI? V
Continuo coa serie adicada a Euskadi (Pais Vasco). Situado no norte de España e bañado polo mar cantábrico, ten una forte personalidade: dioma, natureza, cultura e gastronómica. Un país cheo de contrastes!
A contestación correcta á pregunta de onte é Enclaves no territorio vasco. Os enclaves son territorios que, administrativamente, pertencen a unha xurisdición territorial que está completamente rodeada por territorio doutra ou outras xurisdicións. Neste caso temos o Condado de Treviño, un concello da provincia de Burgos (Castela e León). Xunto co municipio de A Puebla de Arganzón forma o enclave de Treviño, situado dentro da provincia vasca de Áraba. A capital do municipio é a localidade de Treviño. Tamén temos Valle de Villaverde (oficialmente, ata este ano denominado Villaverde de Trucíos), un concello da comunidade autónoma de Cantabria, situado na comarca de Asón-Agüera. Como enclave cántabro no País Vasco limita cos municipios biscaíños da comarca das Encartacións de Carranza, Arcentales e Trucíos.
E imos coa pregunta de hoxe!
5. Cal destas bandeiras é a de Esukadi?
- 1
- 2
- 3
Mañá a solución e una nova proposta
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: d-mapas.com e es.wikipedia.org
0 comentarios