CANTO SABES SOBRE ASIA? XVI
Continúo co a serie adicada a Asia, o maior e máis poboado dos cinco continentes do noso planeta.
A contestación correcta á pregunta do último día é Nepal. Este país do sur de Asia, ten fronteiras coa China (Tíbet) ao norte e a India ao sur. Ten, máis ou menos, a forma dun trapecio irregular, formando un pequeno país que de leste a oeste ten unha lonxitude duns 800 km e de norte e sur unha anchura máxima duns 200 km, cubrindo unha área de 147.181 km². A súa capital e Katmandú.
E imos coa pregunta de hoxe!
16. A Guerra de Castela foi un conflito que tivo lugar en 1.578 entre España e un país asiático. Cal foi ese país?
- Brunei
- Malasia
- Singapur
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: gl.wikipedia.org Imaxe: bruneiresources.blogspot.com
0 comentarios