CANTO SABES SOBRE A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL? IX
Continúo coa serie Canto sabes sobre a Primeira Guerra Mundial, un conflito bélico mundial que tivo lugar entre 1914 e 1918 e que involucrou a todas as grandes potencias do mundo, na que morreron máis de nove millóns de combatentes. A contestación correcta á pregunta de onte é O O Mark I británico. O carro de combate naceu na batalla do Somme, en setembro de 1916, da que falamos hai uns días. Pesaba 30 toneladas, avanzaba a 3.2 km/ h e transportaba 8 homes.
E imos coa pregunta de hoxe!
9. En que data, o presidente asinou a súa declaración oficial na que Estados Unidos entraba na Primeira Guerra Mundial.
- 31 de xaneiro de 1917
- 2 de abril de 1917
- 6 de abril de 1917
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org Imaxe: bbc.com/Henry Guttmann/Stringer
0 comentarios