NON TE DEITARÁS SEN SABER UNHA COUSA MÁIS (XI)
Voitre comendo unha prea / Imaxe: Xornal El País
Os voitres e outras criaturas preeiras aguantan practicamente todo o que lles boten. Os seus zumes gástricos ácidos e extremadamente potentes torran case calquera bacteria, virus e parasito. Algúns preeiros posúen encimas específicas que degradan as toxinas botulínicas (os velenos máis potentes que se coñecen) producidas pola bacteria Clostridium botulinum. Esta aparece na carne putrefacta.
Outros preeiros afinaron o seu sistema neurolóxico para vomitar inmediatamente despois de tragar unha prea impregnada de toxinas bacterianas. No caso do voitre, sábese que os seus ouriños son ricos en amoníaco, un axente esterilizante.
FONTE: Revista Muy Interesante
0 comentarios