Blogia
vgomez

ILUSIÓNS ÓPTICAS IV

ILUSIÓNS ÓPTICAS IV

 

Nesta imaxe hai doce puntos negros distribuídos de forma regular. Pero cada vez que fixas a mirada nun deles, a gran maioría desaparece. E non é un gif: trátase dunha imaxe estática.

Akiyoshi Kitaoka, profesor de psicoloxía da Universidade Ritsumeikan, en Kioto, publicou o domingo día 11 esta ilusión óptica. Kitaoka, que é autor de varias ilusións ópticas, apunta na súa publicación que esta ilusión é obra de Jacques Ninio e Kent A. Stevens. Trátase dunha variación da cuadrícula de Hermann, que é orixinal de 1870.

Na imaxe están todos os puntos negros, pero desaparecen cando non fixamos a vista neles. A culpa tena a nosa deficiente visión periférica: segundo detallan os autores, para o punto no que fixamos a vista contamos coa “resolución espacial máis detallada disponible”, polo que o contraste, aínda que escaso, é suficiente como para “dar lugar a un sinal”.

Con todo, a medida que nos afastamos deste punto central de observación, a nosa visión presenta unha menor “resolución espacial”, ao que se une o feito de que nas interseccións hai pouco contraste entre o gris e o branco de fondo. O resultado é que o noso cerebro “borra ese punto” e as liñas grises parecen uniformes.

FONTE: Verne /Xornal El Pais

0 comentarios