Blogia
vgomez

CANTO SABES DE MONUMENTOS? XVIII

Continúo coa serie “Canto sabes de monumentos”, e esta é a solución a pregunta de onte: Arco do Triunfo de París (Francia). É un dos arcos do triunfo máis famosos do mundo. Atópase na praza Charles de Gaulle, no extremo oeste da avenida dos Campos Elisios. Napoleón Bonaparte decidiu construír este arco trala súa vitoria na batalla de Austerlitz (1805), tras prometer aos seus homes: «Volveredes a casa baixo arcos triunfais». Foi deseñado por Jean Chalgrin, inspirado na arquitectura romana, e acada unha altura de 49 metros e 45 de ancho.

E imos co monumento de hoxe!

18. Pregunta polo nome diste monumento, penso que sería absurdo, pois tod@s a coñecedes: A gran muralla chinesa. Pero unha gran pregunta sobre ela é a súa lonxitude, contando as súas ramificacións e construcións secundarias, desde a fronteira con Corea, ao bordo do río Yalu (Yalu Jiang), ata o deserto de Gobi, abarcando sete provincias, ao longo dun arco que delinea aproximadamente o bordo sur da Mongolia Interior, aínda que hoxe en día só se conserva un 30% dela. Douche tres posibilidades:

- 11.196 km

- 21.196 km

- 41.196 km

Mañá a solución e un novo monumento!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, gal.wikipedia.org

0 comentarios