CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? X
Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.
A contestación correcta á pregunta de onte é 1914. A Primeira Guerra Mundial (28 de xullo de 1914-11 de novembro de 1918), tamén coñecida como a Gran Guerra, foi un conflito mundial entre dúas coalicións: os Aliados (ou Acordo) e as Potencias Centrais. Os combates tiveron lugar principalmente en Europa e Oriente Medio, así como en partes de África e Asia-Pacífico. En Europa os combates caracterizáronse pola guerra de trincheiras, o uso xeneralizado de artillería, metralladoras, armas químicas (gas) e a introdución de tanques e avións. Foi un dos conflitos máis mortíferos da historia, cun saldo duns 10 millóns de militares mortos e máis de 20 millóns de feridos, alén duns 10 millóns de mortos civís por causas que incluían o xenocidio.
E imos coa pregunta de hoxe!
10. Quen creou a primeira imprenta funcional?
- Johannes Gutenberg
- Nikola Tesla
- Benjamin Franklin
- Henry Ford
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia Imaxe: 1guerramundiaal.blogspot.com e biografiasyvidas.com
0 comentarios