Blogia
vgomez

DOCENCIA

CÓCTEL DE SABERES XIII

A contestación a pregunta de zooloxía de onte é Falso. O único mamífero sen cordas vocais e, por tanto, completamente mudo, é a xirafa. O seu método de comunicación é a través de sons inaudibles para os seres humanos.

E imos coa pregunta de hoxe!

Os Titáns e outros xigantes aparecen prisioneiros no Inferno nesta ilustración da Divina Comedia. Obra de  Gustave Dourei / Wikimedia Commons

13. Literatura. Quen é o autor de A divina comedia

- Maquiavelo

- Giovanni Bocaccio

- Dante Alighieri

Mañá a solución e unha nova proposta! 

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia e wikipedia

CÓCTEL DE SABERES XII

A contestación a pregunta de medio ambiente de onte é Ácido slfúrico e ácido nítrico. A choiva ácida, formada polo efecto combinado da humidade do ambiente, os óxidos de nitróxeno e dióxido de xofre emitido polas fábricas e a queima de combustibles fósiles, cae ao chan coas precipitacións e considérase moi contaminante e nociva para calquera tipo de vida. 

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Zooloxía. A  gacela xirafa é o único mamífero que non ten cordas vocais

- Verdadeiro

- Falso

Mañá a solución e unha nova proposta! 

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

CÓCTEL DE SABERES XI

A contestación a pregunta de paleontoloxía de onte é O Compsognathus.  Viviu a finais do período Xurásico, hai uns 150 millóns de anos. Os seus restos fósiles colocárono no escalafón máis baixo de tamaño respecto a os seus conxéneres. Era un dinosauro do tamaño dun galo, cun máximo dun metro de altura e uns 3 quilogramos de peso.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Medio ambiente. De que está composta a choiva aceda?

- De ácido nítrico e clorhídrico

- De ácido sulfúrico e úrico

- De ácido sulfúrico e ácido nítrico

Mañá a solución e unha nova proposta! 

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

CÓCTEL DE SABERES X

A contestación a pregunta de astronomía de onte é Por ser o primeiro cometa recoñecido con órbita cíclica. Identificado como tal polo astrónomo inglés Edmund Halley (1656-1742) a principios do século XVIII (1705). Sen dúbida é un dos cometas máis coñecidos e máis brillantes do Cinto de Kuiper. Orbita ao redor do Sol cada 76 anos de media e a súa próxima aparición ocorrerá a mediados de 2061. Os datos evidencian, ademais, que xa fora observado polos astrónomos no ano 239 a. C.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Paleontoloxía. O dinosauro máis pequeno que existiu sobre a face da Terra foi...

- O Compsognathus

- O Lesothosaurus

- O Pisanosaurus

Mañá a solución e unha nova proposta! 

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

CÓCTEL DE SABERES IX

A contestación a pregunta de química de onte é Osmio. O osmio (Os) ten unha densidade total de 22,61 gramos por centímetro cúbico. Séguenlle o Iridio (Ir) e o Platino (Pt).

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Astronomía. Por que é famoso o cometa Halley?

- Por ser o primeiro cometa descuberto polo home.

- Por ser o primeiro cometa recoñecido con órbita cíclica.

- Pola súa gran cola de 35º de lonxitude, por iso é polo que se coñeza como o Gran Cometa.

Mañá a solución e unha nova proposta! 

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

CÓCTEL DE SABERES VIII

A contestación a pregunta de xeoloxía de onte é Do magma dos volcáns. Esta rocha de cor agrisada, bastante porosa e igualmente áspera, que coñecemos como pedra pómez ou pumita, fórmase a partir da escuma de certas lavas; isto é, procede do magma dos volcáns que sae á superficie durante as erupcións dos mesmos. É moi pouco densa, tanto que mesmo flota na auga.

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Química. Cal é o elemento químico máis denso?

- Iridio

- Wolframio

- Osmio

Mañá a solución e unha nova proposta! 

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

CÓCTEL DE SABERES VII

A contestación a pregunta de física  de onte é Verdadeiro. Esta partícula xunto co neutrón, constitúe un dos elementos básicos do núcleo atómico. O  protón ou partícula  subatómica de carga positiva ten o signo contrario ao do electrón, e unha masa 1836 veces superior a iste. Foi descuberto en 1918 polo físico  neozelandés Ernst Rutherford (1871-1937).

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Xeoloxía. De onde procede a famosa “pedra  pómez”?

- Do fondo mariño

- Do magma dos volcáns

- Das minas

Mañá a solución e unha nova proposta! 

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

CÓCTEL DE SABERES VI

A contestación a pregunta de matemáticas de onte é Os indios. O número cero (0) tal e como o coñecemos nós foi descuberto no primeiro milenio antes de Cristo por matemáticos da India (os maias descubriríano de forma independente). Posteriormente, o cero e o sistema decimal aterraron en Europa grazas aos árabes. Así, “cero” provén do árabe “ sifr” que significa baleiro. Os romanos non coñecían esta cifra.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Física. Un  protón é unha partícula  subatómica de carga positiva

- Verdadeiro

- Falso

Mañá a solución e unha nova proposta! 

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia