Blogia
vgomez

DOCENCIA

CÓCTEL DE SABERES V

A contestación a pregunta de bioloxía de onte é Polo seu estudo sobre os primates en Tanzania. Jane Goodall (Londres, 1934) está especializada no estudo dos primates e é considerada a maior experta en chimpancés do mundo. Esta primatóloga, etóloga e antropóloga, pasou varios anos convivindo con eles no Parque Nacional Gombe Stream en Tanzania, descubrindo que os chimpancés salvaxes eran capaces de utilizar ferramentas, o que axudou a ampliar os datos sobre as capacidades cognitivas animais. Goodall tamén é mensaxeira da paz da ONU e fundadora do instituto que leva o seu nome.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Matemáticas. Quen crearon o número 0?

- Os indios

- Os árabes

- Os romanos

Mañá a solución e unha nova proposta! 

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

CÓCTEL DE SABERES IV

A contestación a pregunta de psicoloxía de onte é Evidencia un sentimento romántico/sexual do neno cara á nai, vendo ao pai como rival. O complexo de Edipo, descrito polo pai da psicanálise, Sigmund Freud (1856-1939), sostén que a unha idade temperá os nenos senten un desexo romántico ou sexual pola súa nai e as nenas polo seu pai. Este complexo de Edipo procede do mito grego no que Edipo mata ao seu pai e acaba casándose coa súa nai.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Bioloxía. Por que é coñecida a bióloga británica Jane Goodall?

- Polo seu estudo sobre os  koalas en Australia

- Polo seu estudo sobre os osos polares no Artico

- Polo seu estudo sobre os primates en Tanzania

Mañá a solución e unha nova proposta! 

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

CÓCTEL DE SABERES III

A contestación a pregunta de medicina de onte é Cans. O científico ruso Ivan Pavlov (1849-1936) realizou experimentos con estes animais, cos que descubriu o chamado “reflexo condicionado”, unha forma de aprendizaxe asociativa pola que os cans expulsaban saliva cando o coidador achegábase a darlles de comer mentres facía soar unha campá. Os cans acababan salivando simplemente cando o coidador achegábase aínda que non fose administrarlles comida. Este achado sobre os nosos comportamentos non conscientes valeulle a  Pavlov o Premio Nobel de Medicina en 1904.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Psicoloxía. Que é o complexo de  Edipo?

- Evidencia un sentimento morboso de celos esaxerados.

- Evidencia unha forma peculiar do complexo de inferioridade na que se fai calquera cousa con tal de destacar.

- Evidencia un sentimento romántico/sexual do neno cara á nai, vendo ao pai como rival.

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

CÓCTEL DE SABERES II

A contestación a pregunta de xeografía de onte é Rusia. Tamén chamada Federación Rusa, conta cunha extensión de 17 millóns de km2. Séguenlle Canadá con máis de 9,9 millóns de km2 e Estados Unidos con máis de 9,8 millóns de km2.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Medicina. Que animal utilizou o Premio Nobel de medicina Ivan Pavlov nos seus experimentos?

- Cans

- Roedores

- Gatos

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

CÓCTEL DE SABERES

Saberes / Imaxe: listas.20minutos.es

Esta serie que comezo hoxe co título CÓCTEL DE SABERES pertende poñer a proba os teus coñecementos xerais sobre distintas disciplinas. Este cóctel leva: química, astronomía, bioloxía, física, xeografía, xeoloxía, música, arte, deportes...

E sen máis dilación comezamos!

1. Xeografía. Cal é o país máis grande do mundo?

- Canadá

- Rusia

- Estados Unidos

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

CLUB DA COMEDIA... CIENTÍFICA IV (FIN)

 

Remato coa cuarta e última entrega do Famelab España 2019 organizado pola  Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).

O ganador desta edición foi Iñaki Echeverría Huarte. Naceu en Pamplona e ten 24 anos. Estudou un Máster de modelización e investigación matemática e actualmente atópase no seu primeiro ano de tese doutoral na Universidade de Navarra. A liña de investigación que segue é a de dinámica de peóns tentando entender como se comportan as persoas en situacións de risco á hora de evacuar determinados recintos.

O seu monólogo: "DEIXAME SAÍR".

Por certo, o segundo lugar foi para Mariola Penadés Fon e o terceiro para Kevin Fernández-Cosials, que xa coñecedes das semifinais do capítulo I e II respectivamente.

Parabéns a tod@s!

FONTE: fecyt.es

CLUB DA COMEDIA... CIENTÍFICA III

 

Continuo coa terceira entrega dalgúns dos semifinalistas na sétima edición do Famelab España 2019 organizado pola  Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).

Marina Alonso Solano (Universidad de Salamanca) co seu monólogo: "AS ABELLAS E O SEXO".

Que o disfrutedes. Mañá outro!

FONTE: fecyt.es

CLUB DA COMEDIA... CIENTÍFICA II

 

Continuo coa segunda entrega dalgúns dos semifinalistas na sétima edición do Famelab España 2019 organizado pola  Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).

Kevin Fernández-Cosials (Universidade Politécnica de Madrid) co seu monólogo: "O AMOR TEN DÚAS CARGAS".

Que o disfrutedes. Mañá outro!

FONTE: fecyt.es