Blogia
vgomez

DOCENCIA

CIENCIA: O PARADOXO DE SCHRÖDINGUER

 

O vídeo de hoxe da ciencia en Big Bang, da revista MUY INTERESANTE, explicarnos O PARADOXO DE SCHRÖDINGUER (o físico austriaco Erwin Schrödinger concibiu no ano 1935 un curioso e ao cabo famosísimo experimento imaxinario para explicar un aspecto fundamental da mecánica cuántica).

Esto é ciencia!

CIENCIA: A TEORÍA DE CORDAS

 

O vídeo de hoxe da ciencia en Big Bang, da revista MUY INTERESANTE, explicarnos a TEORÍA DE CORDAS, que é unha das hipóteses máis mentadas, complicadas e estudiadas da física.

Esto é ciencia!

COMEZO DA PRIMAVERA 2016

COMEZO DA PRIMAVERA 2016

Flores / Imaxe:bonitasimagenesconreflexiones.com

A primavera de 2016 comezou na madrugada de hoxe, domingo 20 de marzo, ás 4 horas 30 min. Durará 92 días e 18 horas, rematando o 20 de xuño co comezo do verán.

O próximo domingo, 27 de marzo, terá lugar o cambio de hora, recuperando o horario de verán.

CIENCIA: OS SEGREDOS DA XENÉTICA

 

O vídeo de hoxe da ciencia en Big Bang, da revista MUY INTERESANTE, explicarnos os segredos da xenética. Por que o fillo de dúas persoas guapas pode ser feo? Que ocorrería se creásemos un banco de espermatozoides e ovulos das persoas máis intelixentes do mundo? Asegurariámonos que a descendencia fóra especialmente intelixente?

O tema, promete!

CIENCIA: EFECTO DOPPLER

 

O vídeo de hoxe da ciencia en Big Bang, da revista MUY INTERESANTE, explicarnos que é exactamente o efecto Doppler. Aínda que nin sequera sóeche o nome, debes saber que está moito máis presente na túa vida do que poidas imaxinar.

Esto é ciencia!

CIENCIA: EXPERIMENTOS CON AUGA

 

MUY INTERESANTE, ten un apartado adicado á ciencia, concretamente a ciencia en Big Bang.

Hoxe, neste vídeo, coñeceremos algunhas das sorprendentes propiedades da auga e faremos experimentos con este líquido esencial no noso planeta.

Esto é ciencia!

HOXE COMEZA O INVERNO

HOXE COMEZA O INVERNO

Chega o inverno e con el o fío. Veremos! / Imaxe:deguapas.com

Hoxe martes, 22 de decembro, un chisco antes de que os nenos do colexio San Ildefonso empezasen a cantar os números da lotería, comezou o inverno. Exactamente ás  5 horas e 48 minutos.

Durará ata o 20 de marzo, ás 4 horas e 30 minutos, momento que entraremos na primavera, pero xa en 2016.

O inicio do inverno pode darse, como máximo, en catro datas distintas do calendario (do 20 ao 23 de decembro). Ao longo deste século  o inverno iniciarase nos días 20 a 22 de decembro (data oficial española), sendo o seu inicio máis temperán o do ano 2096 e o inicio máis tardío o de 2003. As variacións dun ano a outro son debidas ao modo en que encaixa a secuencia de anos segundo o calendario (uns bisestos, outros non) coa duración de cada órbita da Terra arredor do Sol (duración coñecida como ano trópico).

DÍA DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS

 

O Día dos Dereitos Humanos celébrase todos os anos o 10 de decembro. Tal día coma hoxe, en 1948, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

En 1950, a Asemblea adoptou a resolución 423 (V), convidando a todo os Estados e organizacións interesadas a que observen o 10 de decembro de cada ano como Día dos Dereitos Humanos.

O lema deste ano “Os nosos dereitos. As nosas liberdades. Sempre”, ten como obxectivo o tema dos dereitos e liberdades (a liberdade de expresión, a liberdade de culto, a liberdade para vivir libres da miseria e a liberdade para vivir sen medo) que sustentan a Carta Internacional de Dereitos Humanos.

Queres coñecer a historia dos dereitos humanos e o seu articulado? Nese caso visualiza o vídeo superior.