Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE CASTELA-A MANCHA? XIV

Continúo coa serie adicada a Castela-A Mancha, esa comunidade autónoma do interior de España,  famosa pola súa artesanía, polos monumentos únicos das súas cidades e por ser o escenario das aventuras do famoso personaxe literario Don Quixote da Mancha. 

A contestación correcta á pregunta de onte é 1982. A Lei Orgánica 9/1982 do 10 de agosto do Estatuto de Autonomía de Castela-A Mancha foi aprobada polas Cortes Xerais e sancionada polo rei Juan Carlos I e o presidente do Goberno Leopoldo Calvo-Sotelo no Palacio de Marivent (Palma de Mallorca) o 10 de agosto de 1982. Foi reformado en 1991, 1994 e 1997 para aumentar as competencias autonómicas e as atribucións do Presidente da Xunta e comprende 54 artigos, organizados en 6 títulos, ademais das disposicións adicionais, transitorias, derrogatorias e final. En 2014 foi reformado por cuarta vez.

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Quen é o Presidente actual de Castela-A Mancha?

- 1

- 2

- 3

Mañá a solución e última pregunta da serie!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: periodicoclm.publico.es, es.wikipedia.org e abc.es

CANTO SABES DE CASTELA-A MANCHA? XIII

Continúo coa serie adicada a Castela-A Mancha, esa comunidade autónoma do interior de España,  famosa pola súa artesanía, polos monumentos únicos das súas cidades e por ser o escenario das aventuras do famoso personaxe literario Don Quixote da Mancha. 

A contestación correcta á pregunta de onte é 2. A Saber…

1. O parque nacional de Cabañeros situado entre as provincias de Toledo e Cidade Real cunha superficie de 40. 856 ha.

2.​ O parque nacional das Táboas de Daimiel na provincia de Cidade Real, que ocupa 3.030 ha.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. O Estatuto de Autonomía de Castela-A Mancha foi aprobado no ano…

- 1980

- 1981

- 1982

- 1983

- 1984

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: turismociudadreal.com e b2brouter.net/es

#DígochoEu: Ollo! Os CIBERCARRACHOS rexistran DOMINIOS parecidos aos ORIXINAIS para estafarte!

O typosquatting, tamén coñecido como "ciberokupación de erros tipográficos" ou "secuestro de URL", é unha práctica maliciosa onde os ciberdelincuentes rexistran nomes de dominio que son erros tipográficos comúns de sitios web lexítimos. O obxectivo é enganar aos usuarios que cometen erros ao escribir a dirección do sitio web, dirixíndoos a páxinas web maliciosas en lugar da a intended.

Ollo aos #cibercarrachos 😈!

#DígochoEu

#DígochoEu: É correcto dicir 'lingüeta'?

Esther resólvenos esta dúbida e, de paso, falar algo máis dos zapatos.

#DígochoEu 

CANTO SABES DE CASTELA-A MANCHA? XII

Continúo coa serie adicada a Castela-A Mancha, esa comunidade autónoma do interior de España,  famosa pola súa artesanía, polos monumentos únicos das súas cidades e por ser o escenario das aventuras do famoso personaxe literario Don Quixote da Mancha. 

A contestación correcta á pregunta de onte é 8. O territorio de Castela-A Mancha está dividido en oito concas hidrográficas principais: Texo, Guadiana, Guadalquivir e Douro, que verten as súas augas ao océano Atlántico e Ebro, Xúcar, Turia e Segura, que o fan ao Mediterráneo.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Cantos Parques Nacionais ten Castela-A mancha?

- 1

- 2

- 3

- 4

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: agenciadelagua.castillalamancha.es e es.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *senderismo

*Senderismo é incorrecto en galego. Esther danos a forma correcta no noso idioma!

#DígochoEu 

CANTO SABES DE CASTELA-A MANCHA? XI

Continúo coa serie adicada a Castela-A Mancha, esa comunidade autónoma do interior de España,  famosa pola súa artesanía, polos monumentos únicos das súas cidades e por ser o escenario das aventuras do famoso personaxe literario Don Quixote da Mancha. 

A contestación correcta á pregunta de onte é Meseta (submeseta sur) parte central, Sistema Centra ao nortel, Sistema Ibérico ao nordés, Serra Morena e Montes Toledo ao sur.  A xeografía de Castela-A Mancha está condicionada pola súa situación no centro da península ibérica, ocupando a maior parte da Submeseta sur, denominación que se dá á extensa chaira que conforma pártea sur da Meseta central. Atópase encadrada ao sur do Sistema Central, división natural coa Submeseta norte e con Castela e León. A pesar disto non faltan as paisaxes montañosas como o do xa nomeado Sistema Central (ao norte), o Sistema Ibérico (ao nordeste) ou Sierra Morena e os Montes de Toledo, ao sur.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Dada a súa extensión, o territorio de Castela-A Mancha ten moitos ríos. Cantas concas hidrográficas principais ten?

- 5

- 6

- 7

- 8

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: ies-fernando-de-mena.centros.castillalamancha.es e castillalamancha21.blogspot.com

#DígochoEu: Non escribas *camping

Coidado cando escribas *camping. Faltalle algo!

#DígochoEu