Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE A TÁBOA PERIÓDICA? IX

Continúo coa serie adicada á táboa periódica dos elementos, unha disposición en formato de táboa dos elementos químicos, ordenados polo seu número atómico, configuración electrónica e propiedades químicas recorrentes.

A contestación correcta á pregunta de onte é Número de protóns. É unha partícula subatómica cunha carga eléctrica elemental positiva 1 (1,6 × 10-19 C), que é igual en valor absoluto e de signo contrario á do electrón, e unha masa 1.836 veces superior á dun electrón. Este número é o que ordena os elementos na taboa periódica. Un exemplo…

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Non todos os elementos da táboa periódica atópanse na natureza de maneira libre, ou polo menos aquí na Terra. Algúns deles foron sintetizados nun laboratorio, motivo polo cal reciben o nome de elementos sintéticos. Sabes cal destes elementos foi "creados de maneira artificial"?

- Cloro

- Circonio

- Plutonio

- Oganesón

Mañá a solución e una nova pregunta!

 FONTE:  nationalgeographic.com.es e es.wikipedia.org    Imaxe: concepto.de e rinconeducativo.org/es

CANTO SABES SOBRE A TÁBOA PERIÓDICA? VIII

Continúo coa serie adicada á táboa periódica dos elementos, unha disposición en formato de táboa dos elementos químicos, ordenados polo seu número atómico, configuración electrónica e propiedades químicas recorrentes.

A contestación correcta á pregunta de onte é Mercurio. Estaba claro, case todos vimos algunha vez un termómetro. De feito o mercurio foi coñecido polos antigos gregos por outro nome: hydrargyros, palabra formada polos vocábulos hydros, auga; e argiros, prata, é dicir, prata líquida. O seu símbolo químico é Hg.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Os elementos químicos da táboa periódica están ordenados polo seu número atómico. Pero que nos indica ese número?

- Número de electróns

- Numero de neutróns

- Número de protóns

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE:  e es.wikipedia.org    Imaxe: nationalgeographic.com.es e astronomia.fandom.com

#DígochoEu: Cóntoche como detectar as apps espía que nos poden instalar os #cibercarrachos

Esther explicanos como detectar unha aplicación espia. Coidado cos #cibercarrachos 😈!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A TÁBOA PERIÓDICA? VII

Continúo coa serie adicada á táboa periódica dos elementos, unha disposición en formato de táboa dos elementos químicos, ordenados polo seu número atómico, configuración electrónica e propiedades químicas recorrentes.

A contestación correcta á pregunta de onte é Metais. Aínda que poida parecer o contrario, o que máis abunda na táboa periódica son os metais. De feito existen tan só 20 elementos non metálicos e 7 elementos clasificados como metaloides. Os 91 elementos restantes son metais.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. E falando de metais, sabes cal é o único metal que podemos atopar na Terra en condicións normais en estado líquido?

- Manganeso

- Mercurio

- Chumbo

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE:  nationalgeographic.com.es e es.wikipedia.org    Imaxe: humanidades.com

#DígochoEu: Non digas *noviazgo #DígochoEu

*Noviazgo é incorrecto en galego. Esther danos a alternativa correcta!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A TÁBOA PERIÓDICA? VI

Continúo coa serie adicada á táboa periódica dos elementos, unha disposición en formato de táboa dos elementos químicos, ordenados polo seu número atómico, configuración electrónica e propiedades químicas recorrentes.

A contestación correcta á pregunta de onte é 7 filas (períodos) e 18 columnas (grupos). A saber…

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Podemos facer unha división moi básica da táboa periódica clasificando os seus elementos en 3 grupos: metais, metaloides, e non metais Sabes cal destes grupos é máis numeroso na táboa periódica?

- Metais

- Metaloides

- Non metais

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: nationalgeographic.com.es e es.wikipedia.org     Imaxes: reportedelectura.org

CANTO SABES SOBRE A TÁBOA PERIÓDICA? V

Continúo coa serie adicada á táboa periódica dos elementos, unha disposición en formato de táboa dos elementos químicos, ordenados polo seu número atómico, configuración electrónica e propiedades químicas recorrentes.

A contestación correcta á pregunta de onte é Vanadio e Platino. O platino foi descuberto polo militar e naturalista sevillano Antonio de Ulloa da Torre e Giral (Sevilla, 12 de xaneiro de 1716-Illa de León-Cádiz, 5 de xullo de 1795) , e o vanadio, a que chamou eritronio, poolo naturalista Andrés Manuel del Río Fernandez (Madrid, 10 de novembro de 1764-Cidade de México, 23 de marzo de 1849).

E imos coa pregunta de hoxe!

5. A táboa periódica está formada por filas, denominadas períodos e columnas, denominadas grupos. Pero cantas filas e columnas hai?

- 5 filas e 11 columnas

- 7 filas e 15 columnas

- 7 filas e 18 columnas

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: nationalgeographic.com.es e es.wikipedia.org     Imaxes: es.wikipedia.org e reportedelectura.org

#DígochoEu: A ver se vas estar traballando para os #cibercarrachos sen ti sabelo!

Unha botnet é unha rede de computadores, dispositivos IoT (Internet das Cousas) e outros dispositivos que foron infectados con software malicioso (malware) e que son controlados remotamente por ciberdelincuentes para realizar actividades maliciosas. Atentos a información de Esther. Coidado cos #cibercarrachos 😈! 

#DígochoEu