Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE CASTELA-A MANCHA?

Castela-A Mancha, comunidade autónoma do interior de España, é famosa pola súa artesanía, polos monumentos únicos das súas cidades e por ser o escenario das aventuras do famoso personaxe literario Don Quixote da Mancha. 

Pero… canto coñeces de Castela-A Mancha? Queres descubrilo? Si?

Pois empezamos!

1. Castela-A Mancha atópase situada na parte central da península ibérica, ocupando a maior parte da submeseta sur. Pero cales son os seus límites?

- Limita ao norte coa comunidade autónoma de Castela e León, ao oeste coa de Estremadura, ao leste coas de Aragón e ao sur coas da Región de Murcia.

- Limita ao norte coas comunidades autónomas de Castela e León e a Comunidad de Madrid, ao oeste coa de Estremadura, ao leste coa Comunidade Valenciana, e ao sur con Andalucía.

- Limita ao norte coas comunidades autónomas de Castela e León e a Comunidad de Madrid, ao oeste coa de Estremadura, ao leste coas de Aragón e a Comunidade Valenciana, e ao sur coas da Región de Murcia e Andalucía.

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: muyinteresante.com e es.wikipedia.org

#DígochoEu: Hai que distinguir entre 'hackers' e ciberdelincuentes ou #cibercarrachos

Vocabulario de ciberseguridade!

#DígochoEu 

#DígochoEu: En galego non temos *marujas

As persoas que adoran andar aos contos non son *marujas. Entón, como se di correctamente?

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *pereza

En gaelgo non temos *pereza. Esther danos as alternativas!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A TÁBOA PERIÓDICA? XXI (FIN)

Remato, hoxe, coa serie adicada á táboa periódica dos elementos, unha disposición en formato de táboa dos elementos químicos, ordenados polo seu número atómico, configuración electrónica e propiedades químicas recorrentes.

A contestación correcta á pregunta de onte e última da serie é…

A saber…

* Masa atómica: É a masa dun átomo, xeralmente expresada en unidades de masa atómica (uma). É a masa total de protóns e neutróns que compoñen o núcleo do átomo.

* Electronegatividade: É a medida da capacidade dun átomo para atraer electróns cara a si mesmo cando forma unha ligazón química.

* Estado de oxidación: Tamén coñecido como número de oxidación, é un valor que representa a carga hipotética que tería un átomo se todas as ligazóns químicas fosen completamente iónicas.

* Primeira enerxía de ionización: (EI1) é a enerxía mínima necesaria para remover un electrón dun átomo neutro en fase gasosa, formando un ión positivo e un electrón.

* Configuración electrónica: Describe como os electróns dun átomo distribúense nos diferentes niveis e subniveles de enerxía.

* Cor: metales alcalinos, alcalineotérreos, otros metais, metais de transición, lantánidos, actínidos, metaloides, non metais, halóxenos e gases nobres.

E así remato esta serie, esperando que axudase a recordar ou mellorar o coñecemento sobre a táboa periódica.

Ata a próxima serie!

FONTE e Imaxes:  es.wikipedia.org 

CANTO SABES SOBRE A TÁBOA PERIÓDICA? XX

Continúo coa serie adicada á táboa periódica dos elementos, unha disposición en formato de táboa dos elementos químicos, ordenados polo seu número atómico, configuración electrónica e propiedades químicas recorrentes.

A contestación correcta á pregunta de onte é Mendeléyev. Dmitri Ivánovich Mendeléyev e o seu elemento é o Mendelevio, de símbolo Md.

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

20. Tal omo dixemos, a táboa periódica danos una información básica: número atómico (nº de protóns no núcleo), nome do elemento, símbolo químico e cor (que indicaría metais, non metais...). Pero ademáis tamén nos facilita outra información tal como aparece na imaxe superior con *. Completa a imaxe con:

* Masa atómica

* Electronegatividade

* Estado de oxidación

* Primeira enerxía de ionización

* Configuración electrónica  

* Cor

Mañá a solución e fin da serie!

 FONTE e Imaxes:  es.wikipedia.org 

#DígochoEu: Sabes o que é a sofraxe

Que será a sofraxe? Esther dínolo!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *repesca

Nada de *respesca en galego! Esther danos a alternativa.

#DígochoEu