Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE ARAGÓN? XI

Continúo coa serie adicada a Aragón, un territorio que sorprende coa súa diversidade paisaxística e cultural. Desde impoñentes montañas ata pobos con historia, cada recuncho conta unha historia única.

A contestación correcta á pregunta de onte é 1. O único parque nacional de Aragón é o parque nacional de Ordesa e Monte Perdido, o segundo parque nacional creado en España, en 1918. Atópase nos Pireneos na comarca do Sobrarbe, ocupa unha extensión de 15.608 ha, á parte dos 19.679 ha da zona periférica de protección.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Cantos municipios ten Aragón?

- 431

- 531

- 631

- 731

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org       Imaxes: hernandezrabal.com e es.wikipedia.org

CANTO SABES DE ARAGÓN? X

Continúo coa serie adicada a Aragón, un territorio que sorprende coa súa diversidade paisaxística e cultural. Desde impoñentes montañas ata pobos con historia, cada recuncho conta unha historia única.

A contestación correcta á pregunta de onte é Ibón. É o termo en idioma aragonés, que ao pasar ao castelán quedou relegado para denominar os pequenos lagos de montaña de orixe glaciar​ situados nos Pireneos aragoneses, desde a zona do val de Ansó ata a contorna da Tuca do Aneto. Na lingua aragonesa o seu significado é máis xeral, usado para denominar calquera lago ou estanque. Por exemplo, na cidade de Huesca, á fonte con maior tradición denomínana «Fonte do Ibón». Están «censados» un total de 197 ibones de moi diferentes tamaños e formas;​ algúns son utilizados para alimentar pequenas centrais hidroeléctricas.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Cantos Parques Nacionais hai en Aragón?

- 0

- 1

- 2

- 3

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Unha fonda alá no fondo

Fonda é unha palabra relacionada coa hostalaría, pero hai outras palabras relacionadas con esta pero non son o mesmo!

#DígochoEu

CANTO SABES DE ARAGÓN? IX

Continúo coa serie adicada a Aragón, un territorio que sorprende coa súa diversidade paisaxística e cultural. Desde impoñentes montañas ata pobos con historia, cada recuncho conta unha historia única.

A contestación correcta á pregunta de onte é Conca do Ebro. Con máis de 42.000 km2, a conca máis extensa é a do río Ebro. Ocupa case o 88% do territorio e inclúe 663 municipios das tres provincias aragonesas. De feito, case o 50% do total da conca do Ebro, que se estende por 9 Comunidades Autónomas e tres países (España, Francia e Andorra), está en territorio aragonés.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Hai un termo en idioma aragonés, que ao pasar ao castelán quedou relegado para denominar os pequenos lagos de montaña de orixe glaciar​ situados nos Pireneos aragoneses, desde a zona do val de Ansó ata a contorna da Tuca do Aneto. Cal é ese termo?

- Bión

- Ibón

- Nibón

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: Gobierno de Aragón/icearagon e es.wikipedia.org

#DígochoEu: DigochoEuTVG Non digas *cónclave

*Cónclave non é correcto en galego. A palabra correcta no noso idioma ten a diferenza no acento!

#DígochoEu

#DígochoEu: Moito ollo co 'tabnabbing', unha técnica sofisticada que usan os #cibercarrachos

O tabnabbing é unha forma avanzada de ciberfraude que explota a confianza que depositamos nas páxinas web que nós mesmos abrimos. Atención a estes conseñños para evitar a acción dos #cibercarrachos 😈.

#DígochoEu

CANTO SABES DE ARAGÓN? VIII

Continúo coa serie adicada a Aragón, un territorio que sorprende coa súa diversidade paisaxística e cultural. Desde impoñentes montañas ata pobos con historia, cada recuncho conta unha historia única.

A contestación correcta á pregunta de onte é Aneto. É a montaña máis elevada dos Pireneos, cunha altitude de 3.404 metros sobre o nivel do mar, a segunda da Península Ibérica e a terceira de España. Forma parte do macizo da Maladeta e, situado na zona do val de Benasque (Huesca).

 

E imos coa pregunta de hoxe!

8. A Comunidade Autónoma de Aragón constitúe un nó hidrográfico de especial relevancia a escala peninsular. Os seus case 48.000 km2 repártense entre as concas de tres dos principais cursos fluviais do norte do país: os ríos Ebro, Xúcar e Texo. Cal delas é a conca máis extensa?

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: cimanorte.com e mmhumanes.blogspot.com

CANTO SABES DE ARAGÓN? VII

Continúo coa serie adicada a Aragón, un territorio que sorprende coa súa diversidade paisaxística e cultural. Desde impoñentes montañas ata pobos con historia, cada recuncho conta unha historia única.

A contestación correcta á pregunta de onte é Zaragoza. É a provincia con maior extensión (17.274,3 km²) e poboación (983.539 habitantes) de todo Aragón.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Cal é o punto máis alto de Aragón?

- Pico Maldito

- Aneto

- Monte Perdido

- Pico Posets

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org