#DígochoEu: Cóntoche como detectar as apps espía que nos poden instalar os #cibercarrachos
Esther explicanos como detectar unha aplicación espia. Coidado cos #cibercarrachos 😈!
#DígochoEu
Esther explicanos como detectar unha aplicación espia. Coidado cos #cibercarrachos 😈!
#DígochoEu
*Noviazgo é incorrecto en galego. Esther danos a alternativa correcta!
#DígochoEu
Continúo coa serie adicada á táboa periódica dos elementos, unha disposición en formato de táboa dos elementos químicos, ordenados polo seu número atómico, configuración electrónica e propiedades químicas recorrentes.
A contestación correcta á pregunta de onte é 7 filas (períodos) e 18 columnas (grupos). A saber…
E imos coa pregunta de hoxe!
6. Podemos facer unha división moi básica da táboa periódica clasificando os seus elementos en 3 grupos: metais, metaloides, e non metais Sabes cal destes grupos é máis numeroso na táboa periódica?
- Metais
- Metaloides
- Non metais
Mañá a solución e una nova proposta!
FONTE: nationalgeographic.com.es e es.wikipedia.org Imaxes: reportedelectura.org
Continúo coa serie adicada á táboa periódica dos elementos, unha disposición en formato de táboa dos elementos químicos, ordenados polo seu número atómico, configuración electrónica e propiedades químicas recorrentes.
A contestación correcta á pregunta de onte é Vanadio e Platino. O platino foi descuberto polo militar e naturalista sevillano Antonio de Ulloa da Torre e Giral (Sevilla, 12 de xaneiro de 1716-Illa de León-Cádiz, 5 de xullo de 1795) , e o vanadio, a que chamou eritronio, poolo naturalista Andrés Manuel del Río Fernandez (Madrid, 10 de novembro de 1764-Cidade de México, 23 de marzo de 1849).
E imos coa pregunta de hoxe!
5. A táboa periódica está formada por filas, denominadas períodos e columnas, denominadas grupos. Pero cantas filas e columnas hai?
- 5 filas e 11 columnas
- 7 filas e 15 columnas
- 7 filas e 18 columnas
Mañá a solución e una nova proposta!
FONTE: nationalgeographic.com.es e es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org e reportedelectura.org
Unha botnet é unha rede de computadores, dispositivos IoT (Internet das Cousas) e outros dispositivos que foron infectados con software malicioso (malware) e que son controlados remotamente por ciberdelincuentes para realizar actividades maliciosas. Atentos a información de Esther. Coidado cos #cibercarrachos 😈!
#DígochoEu
Continúo coa serie adicada á táboa periódica dos elementos, unha disposición en formato de táboa dos elementos químicos, ordenados polo seu número atómico, configuración electrónica e propiedades químicas recorrentes.
A contestación correcta á pregunta de onte é 118. Son 118 elementos en total, aínda que os científicos está a tentar sintetizar novos elementos artificialmente, e polo que non se descarta que a lista poida aumentar tarde ou cedo.
E imos coa pregunta de hoxe!
4. Sabías que o wolframio foi descuberto polos irmáns Juan José e Fausto Elhuyar? Con todo non foi o único elemento descuberto por españois. No noso haber temos outros 2 descubrimentos máis. Sabes de cales se trata?
- O vanadio e o platino
- O ouro e a prata
- O francio e o curio
Mañá a solución e una nova pregunta!
FONTE: nationalgeographic.com.es/ciencia e es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org e blog.uclm.es/fernandocarrillo
Continúo coa serie adicada á táboa periódica dos elementos, unha disposición en formato de táboa dos elementos químicos, ordenados polo seu número atómico, configuración electrónica e propiedades químicas recorrentes.
A contestación correcta á pregunta de onte é Deixou espazos para os elementos aínda non descubertos. Mendeléyev tamén prognosticou algunhas propiedades de elementos entón descoñecidos e que anticipou, ocuparían os lugares baleiros na súa táboa. Posteriormente, cando se descubriron os elementos en cuestión, demostrouse que a maioría das súas predicións eran correctas. Tamén a súa táboa baseouse no peso atómico dos elementos, e non no seu número atómico, clasificándoos mellor en familias.
E imos coa pregunta de hoxe!
3. Mendeléyev deixou espazos para os elementos non descubertos, e en total ordenou 63 deles. Desde entón a familia medrou. Sabes de cantos elementos se compón a táboa periódica na actualidade?
- 81
- 118
- 811
Mañá a solución e una nova pregunta!
FONTE: nationalgeographic.com.es/ciencia e es.wikipedia.org Imaxes: CC e nanationalgeographic.com.es