Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE ARAGÓN? XVI (FIN)

Remato, hoxe,  coa serie adicada a Aragón, un territorio que sorprende coa súa diversidade paisaxística e cultural. Desde impoñentes montañas ata pobos con historia, cada recuncho conta unha historia única.

A contestación correcta á pregunta de onte é 5-Amaia Romero. Amaia Romero Arbizu (Pamplona, Navarra, 3 de xaneiro de 1999), cantante, compositora e actriz. Deuse a coñecer tras participar na novena edición de Operación Triunfo, onde foi proclamada gañadora. Ademais, foi seleccionada xunto a Alfred García, tamén concursante do programa, para representar a España no Festival da Canción de Eurovisión 2018 con A túa canción.

O resto dos propostos son todos aragoneses. A saber…

1-Santiago Ramón y Cajal (Petilla de Aragón, 1 de maio de 1852-Madrid, 17 de outubro de 1934) médico e científico español, especializado en histoloxía e anatomía patolóxica. Compartiu o Premio Nobel de Medicina en 1906 con Camillo Golgi «en recoñecemento do seu traballo sobre a estrutura do sistema nervioso».

2-Tahis Villas Aribau (Fraga, Huesca, 2 de outubro de 1974) xornalista que desde 2006 ata a actualidade, colabora como reporteira e presentadora con sección no programa da Sexta O intermedio xunto co Gran Wyoming.​

3-Mireya Arnedillo (Zaragoza, 28 de marzo de 2003) deportista que compite en atletismo. Gañou unha medalla de bronce no Campionato Europeo de Atletismo Sub-20 de 2021, na proba de 1500 m.​ e ouro nos 1.500 metros do Campionato de España de Atletismo sub-23 de 2023.

4-José Antonio Labordeta Subias (Zaragoza, 10 de marzo de 1935-Zaragoza, 19 de setembro de 2010) foi un cantautor, escritor, político e profesor español, deputado no Congreso por Chunta Aragonesista nas lexislaturas VII e VIII.

E así remato esta serie esperando que servise para coñecer un chismo mellor esta comunidade autónoma.

Ata a próxima serie!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxes: es.wikipedia.org, ieturolenses.org e heraldo.es

CANTO SABES DE ARAGÓN? XV

Continúo coa serie adicada a Aragón, un territorio que sorprende coa súa diversidade paisaxística e cultural. Desde impoñentes montañas ata pobos con historia, cada recuncho conta unha historia única.

A contestación correcta á pregunta de onte é 1, 2 e 4. Na maior parte de Aragón fálase o español, que é ademais o idioma oficial en toda a comunidade como no resto do Estado. Na parte norte da comunidade fálase o idioma aragonés. Por outra banda, no leste da comunidade, chamada a franxa de Aragón fálanse diversos dialectos do catalán. Tras a aprobación da Lei de Linguas de Aragón en 2009, o idioma aragonés e o catalán pasaron a figurar como linguas propias de Aragón, aínda que non oficiais.

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

15. Un destes personaxes non é aragonés. Poderías localizalo?

1-Santiago Ramón y Cajal

2-Tahis Villas

3-Mireya Arnedillo

4-José Antonio Labordeta

5-Amaia Romero

Mañá a solución e remate da serie!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxes: es.wikipedia.org, ieturolenses.org e heraldo.es

#DígochoEu: Non digas *hacia

*Hacia é un castelanismo total! Esther explícanos como se di en galego.

#DígochoEu

CANTO SABES DE ARAGÓN? XIV

Continúo coa serie adicada a Aragón, un territorio que sorprende coa súa diversidade paisaxística e cultural. Desde impoñentes montañas ata pobos con historia, cada recuncho conta unha historia única.

A contestación correcta á pregunta de onte é 2. Jorge Antonio Azcón Navarro (Zaragoza, 21 de novembro de 1973), avogado e actual presidente do Gobierno de Aragón desde 2023.

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Que idiomas se falan en Aragón?

1-Español

2-Catalán

3-Francés

4-Aragonés

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *apagón

En galego non se di  *apagón cando se foi aluz! Entón como se di?

#DígochoEu

CANTO SABES DE ARAGÓN? XIII

Continúo coa serie adicada a Aragón, un territorio que sorprende coa súa diversidade paisaxística e cultural. Desde impoñentes montañas ata pobos con historia, cada recuncho conta unha historia única.

A contestación correcta á pregunta de onte é 67. Segundo o artigo 11.º do Estatuto de Autonomía de Aragón, no seu título primeiro, as catro institucións con poder político en Aragón: as Cortes de Aragón, o Presidente, o Gobierno de Aragón e o Xustiza de Aragón. Nas Cortes de Aragón recae o poder lexislativo, representando ao pobo aragonés con 67 deputados, aproban os seus orzamentos, impulsan e controlan a acción da Deputación Xeral. A sede das Cortes reside no Palacio da Aljafería de Zaragoza.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Cal é o actual Presidente de Aragón?

1-María del Mar Vaquero Periánez

2-Jorge Antonio Azcón Navarro

3- Marta Fernández Martín

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Que fago se os #cibercarrachos me atacan e son vítima de ‘carding’?

O "carding" é un tipo de fraude cibernético no que os delincuentes utilizan datos de tarxetas de crédito roubadas ou adquiridas ilegalmente para realizar compras en liña ou para outros fins fraudulentos. Consiste en obter a información dunha tarxeta de crédito de forma ilexítima e utilizala para realizar transaccións sen autorización.

Coidado cos #cibercarrachos 😈!

#DígochoEu

CANTO SABES DE ARAGÓN? XII

Continúo coa serie adicada a Aragón, un territorio que sorprende coa súa diversidade paisaxística e cultural. Desde impoñentes montañas ata pobos con historia, cada recuncho conta unha historia única.

A contestación correcta á pregunta de onte é 731. Aragón divídese en tres provincias desde a división territorial de 1833 que son, Huesca, Teruel e Zaragoza. Cada provincia ten unha serie de comarcas: Huesca con 10, Teruel tamén con 10 e Zaragoza conta con 16 comarcas (3 delas compartidas con Huesca) e á vez estas divididas en municipios. Aragón conta cun total de 731 municipios, dos cales 293  (un 40,1% do total) pertencen á provincia de Zaragoza, 236 (un 32,3% do total) á de Teruel e 202 (un 27,6% do total) á de Huesca.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Nas Cortes de Aragón recae o poder lexislativo, representando ao pobo aragonés, pero cantos son os deputados que o forman?

- 47

- 57

- 67

- 87

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org