Blogia
vgomez

CANTO SABES DE CASTELA-A MANCHA? II

Continúo coa serie adicada a Castela-A Mancha, que onte comezamos. Esa comunidade autónoma do interior de España, famosa pola súa artesanía, polos monumentos únicos das súas cidades e por ser o escenario das aventuras do famoso personaxe literario Don Quixote da Mancha. 

A contestación correcta á pregunta de onte é Limita ao norte coas comunidades autónomas de Castela e León e a Comunidad de Madrid, ao oeste coa de Estremadura, ao leste coas de Aragón e a Comunidade Valenciana, e ao sur coas da Región de Murcia e Andalucía. O seu peculiar nome indica que esta rexión é «a parte de Castela ao redor da comarca da Mancha», establecendo para iso unha similitude co tradicional nome de Castela a Nova (rexión predecesora que incluía tamén á provincia de Madrid).

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Cantas provincia forman a Comunidade de Castela-A Mancha?

- 4

- 5

- 6

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: mapasdeespapaña.com e laguaridademimaestro.blogspot.com

0 comentarios