#DígochoEu: A expresión 'a velas vir' tenche máis dun significado
Coñeces aexpresión ’a velas vir’? Pois Esther explícanolos seus significados!
#DígochoEu
Coñeces aexpresión ’a velas vir’? Pois Esther explícanolos seus significados!
#DígochoEu
Continúo coa serie adicada a Asturias, oficialmente Principado de Asturias, comunidade autónoma española uniprovincial, situada no norte da Península Ibérica, caracterizada por ter unha especial contorna verde e natural coa mestura perfecta entre mar e montaña, praias, cantís e miradoiros espectaculares, municipios e pobos pesqueiros moi pintorescos que os fai únicos.
A contestación á pregunta de onte é Oviedo. É a capital do Asturias e conta con 220.543 habitantes, sendo a segunda cidade máis poboada do Principado, despois de Xixón que ten 268.561 habitantes.
E imos coa pregunta de hoxe!
3. Cal destas bandeiras é a de Asturias?
Mañá a solución e una nova proposta
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: banderas-mundo.es, es.wikipedia.org e asturmed.org
#DígochoEu
Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada a Asturias, oficialmente Principado de Asturias, comunidade autónoma española uniprovincial, situada no norte da Península Ibérica, caracterizada por ter unha especial contorna verde e natural coa mestura perfecta entre mar e montaña, praias, cantís e miradoiros espectaculares, municipios e pobos pesqueiros moi pintorescos que os fai únicos.
A contestación á pregunta de onte é con Galicia ao oeste, con Cantabria ao leste, con Castela e León ao sur, e co Mar Cantábrico ao norte. En concreto ao oeste coa provincia de Lugo (Galicia), con Cantrabia ao leste, coa provincia de León (Castela e León) e co Mar Cantábrico ao norte.
E imos coa pregunta de hoxe!
E imos coa pregunta de hoxe!
2. Cal é a capital de Asturias?
- Xixón
- Oviedo
Mañá a solución e una nova proposta
FONTE:es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org e viajes.nationalgeographic.com.es
Asturias, oficialmente Principado de Asturias é unha comunidade autónoma española uniprovincial, situada no norte da Península Ibérica. Especialmente apreciada e querida por min, xa que vivín algún tempo nela, caracterízase por ter unha especial contorna verde e natural coa mestura perfecta entre mar e montaña, praias, cantís e miradoiros espectaculares, municipios e pobos pesqueiros moi pintorescos que os fai únicos. En resumo, Asturias concentra as paisaxes máis bonitas da península, ao meu entender.
Se a queres coñecer millor, propoñoche una serie de preguntas e respostas diarias. Anímaste? Pois alá imos!
1. Asturias limita con…
- Con Galicia ao oeste, con Cantabria ao leste, con Castela e León ao sur, e co Mar Cantábrico ao norte.
- Con Galicia ao oeste, co País Vasco ao leste, con Castela e León ao sur, e co Mar Cantábrico ao norte.
Mañá a solución e una nova proposta
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: inmocasal.es e villaviciosa.es
’Perruquería’, perrucaría’, ’salón de peiteado’... Hai varias formas de chamarlle tanto ao lugar coma ao oficio, pero non todas as palabras están recollidas en todos os dicionarios
Remato coa serie adicada a Luxemburgo, oficialmente Gran Ducado de Luxemburgo, un pequeño país sen litoral marítimo de Europa occidental que debido a súa situación física, estabilidade política, poboación plurilingüe e os incentivos fiscais convertérono nun importante centro financeiro.
A contestación correcta á pregunta de onte, e última da serie, é Rosa. Concretamente a Rosa Princesa de Luxemburgo. Un arbusto vigoroso produce delicados cogollos de cor rosa cremoso con pinceladas de cor verde clara. As flores densamente dobres en forma de copa do mesma cor teñen un centro rosa escuro. As flores alcanzan os 10 cm de diámetro e constan de 70-80 pétalos inusuais. Parécense ás ás dunha bolboreta. Un capullo medio aberto pódese comparar cun nenúfar. As flores están dispostas individualmente e de 3 a 7 inflorescencias por talo. Exudan un aroma agradable e doce de intensidade media.
E así remato esta serie esperando que servise para coñecer algo millor este fermoso país. Ata a próxima serie!
FONTE: es.wikipedia.org e ibuilders-es.techinfus.com Imaxes: gardencenterejea.com
Continúo coa serie adicada a Luxemburgo, oficialmente Gran Ducado de Luxemburgo, un pequeño país sen litoral marítimo de Europa occidental que debido a súa situación física, estabilidade política, poboación plurilingüe e os incentivos fiscais convertérono nun importante centro financeiro.
A contestación correcta á pregunta de onte é Si. No século XIV os emperadores xermánicos convertérono en ducado e en 1441 foi incorporado ao Estado borgoñón. Recibido en herdanza polo emperador Carlos V e transmitido ao seu fillo Felipe II en 1555, permaneceu en mans de España ata 1714 en que, polo tratado de Rastatt, foi cedido á liña austriaca da dinastía de Luxemburgo.
E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!
13. Cal é a flor oficial de Luxemburgo?
- Rosa
- Caravel
- Margarida
- Lirio
Mañá a solución e fin da serie!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: dandiacarb.wordpress.com e blog.lacasadelasflores.com