Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Non escribas *párrafos en galego

En galego non temos *párrafos! Entón, como é correcto?

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OS PEIXES? VI

Continúo co a serei adicada aos peixes, eses animais vertebrados primariamente acuáticos, xeralmente ectotérmicos (regulan a súa temperatura para partir do medio ambiente) e con respiración por branquias. Adoitan estar recubertos por escamas, e están dotados de aletas, que permiten o seu movemento continuo nos medios acuáticos, e branquias, coas que captan o osíxeno disolto na auga.

A contestación correcta á pregunta de onte é Non de todo correcto. Os peixes realizan a maior parte do intercambio gasoso mediante o uso das branquias, que se atopan cara a ambos os lados da farinxe. As branquias están constituídas por estruturas filiformes denominadas filamentos branquiais. Cada un destes filamentos contén capilares, que permiten unha gran superficie para o intercambio de osíxeno e dióxido de carbono. Este intercambio prodúcese cando o peixe aspira auga, que pasa a través das branquias. Hai peixes, como os tiburóns e as lampreas, que posúen aberturas branquiais múltiples. Porén, a maioría dos peixes posúen branquias proteidas por unha cuberta ósea chamada opérculo. Ser capaz de respirar directamente aire é resultado da adaptación para peixes que habitan augas pouco profundas, onde os seus niveis varían ou onde a concentración de osíxeno na auga pode diminuír en certas épocas do ano. Os mecanismos para iso son variados. A delgada pel das anguías eléctricas permiten certo grao de absorción de osíxeno. Tamén poden respirar aire ao tragalo directamente da superficie. Os peixes gato das familias Loricariidae, Callichthyidae e Scoloplacidae son capaces de absorber aire a través do seu tracto dixestivo. No caso dos peixes pulmonados e poliptéridos describíronse pulmóns similares aos dos tetrápodos, polo que deben subir á superficie da auga a tragar aire fresco a través da boca para que sexa pasado través das branquias ou filamentos branquiais.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Os peixes teñen un sistema circulatorio…

- Aberto

- Pechado

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas ao, ho!

Escríbese ’ao’ pero o galego non sempre se le tal cal se escribe!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *verxa

*Verxa é incorrecto en galego! Entón cal é a alternativa?

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OS PEIXES? V

Continúo co a serei adicada aos peixes, eses animais vertebrados primariamente acuáticos, xeralmente ectotérmicos (regulan a súa temperatura para partir do medio ambiente) e con respiración por branquias. Adoitan estar recubertos por escamas, e están dotados de aletas, que permiten o seu movemento continuo nos medios acuáticos, e branquias, coas que captan o osíxeno disolto na auga.

A contestación correcta á pregunta de onte é Quenlla: heterocerca e Sardiña: Homocerca.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Os peixes realizan o intercambio gaseoso mediante o uso das branquias, que se atopan cara a ámbolos lados da farinxe.

- Verdadeiro

- Falso

- Non de todo certo

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

CANTO SABES SOBRE OS PEIXES? IV

Continúo co a serei adicada aos peixes, eses animais vertebrados primariamente acuáticos, xeralmente ectotérmicos (regulan a súa temperatura para partir do medio ambiente) e con respiración por branquias. Adoitan estar recubertos por escamas, e están dotados de aletas, que permiten o seu movemento continuo nos medios acuáticos, e branquias, coas que captan o osíxeno disolto na auga.

A contestación correcta á pregunta de onte é…

E imos co pregunta de hoxe!


4. Segundo a forma da aleta caudal os peixes clasifícanse en: Homocerca, formada por lobos iguais e Heterocerca, formada por lobos desiguais, por tanto, a cola é asimétrica. 

Clasifica pois: Quenlla e sardiña

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Sabes que significa que alguén é 'mouco'?

Mouco! Cal é o seu significado?

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OS PEIXES III

Continúo co a serei adicada aos peixes, eses animais vertebrados primariamente acuáticos, xeralmente ectotérmicos (regulan a súa temperatura para partir do medio ambiente) e con respiración por branquias. Adoitan estar recubertos por escamas, e están dotados de aletas, que permiten o seu movemento continuo nos medios acuáticos, e branquias, coas que captan o osíxeno disolto na auga.

A contestación correcta á pregunta de onte é…

- Ágnatos (é decir, sen mandíbula)

   - Lampreas ou petromizóntidos

 - Peixes viscosos (mixíns), que algúns autores non consideran *verdadeiros vertebrados

- Gnatóstomos (ou mandibulados):

   - Osteíctios (ou peixes óseos)

   - Condrictios (ou peixes cartilaxinosos)

E imos coa pregunta de hoxe!

3.  Atendendo a esta clasificación, identifica os seguintes peixes:

1-Raia

2-Pescada

3-Peixe bruxa.

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: es.wikipedia.org, blancamar.es e vistaalmar.es