#DígochoEu: Non deixes que xoguen co teu corazón e co teu peto
Os #cibercarrachos 😈 son capaces de todo, tocándoche incluso o 💖 Coidado coas estafas Cupido!
#DígochoEu
Os #cibercarrachos 😈 son capaces de todo, tocándoche incluso o 💖 Coidado coas estafas Cupido!
#DígochoEu
Continúo coa serie adicada aos inventos. A evolución humana está irremediablemente ligada a eles que desempeñaron un papel fundamental no camiño cara ao que agora somos. Sen a invención de determinados elementos moi probablemente o ser humano nunca desenvolvería determinadas habilidades e a nosa evolución seguise outros camiños.
A contestación correcta á pregunta de onte é Mery Anderson. Este invento non é de onte. Conta a lenda que no inverno de 1902 a 1903, esta estounidense estaba de visita en Nova York. Caía unha forte nevada e o condutor do coche que a levaba tiña que sacar a man cada certo tempo para retirar a neve do cristal. Ao facelo, ademais, o frío asolagaba a cabina do coche. Era algo aparatoso e incómodo e Mary pensou que se podería mellorar, así que se puxo a pensar e ao pouco tempo da súa primeira idea xurdiu o primeiro limpiaparabrisas patentado, iso si, da historia. A finais de 1903, o limpiaparabrisas de Mary Anderson era un brazo cun perfil de goma que se apoiaba no cristal e que se accionaba desde dentro do coche coma se fose unha especie de manivela, é dicir, completamente manual. Por desgraza para Mery, ningunha compañía de coches considerou que a innovación fóra de interese. Ao contrario, pensouse que podería distraer a atención do condutor da mesma condución, así que non chegou a vendelo. Pero pouco despois, en 1905, Henry Ford probou un dispositivo similar e incorporouno a algúns dos seus coches desde 1908. A patente como tal expirou en 1920 e para mediados da década, case todos os automóbiles de Estados Unidos contaban xa con limpiaparabrisas. Ao final resultaba que si era útil. De feito, o invento seguiu evolucionando. Primeiro fíxose eléctrico. Logo, nos anos 60, xurdiu o limpiaparabrisas intermitente. Ao seu inventor, Bob Kearns, pasoulle un pouco como Mary Anderson. Nunca lle compraron a idea, pero sacaron ao mercado os primeiros coches con limpiaparabrisas intermitentes.
E imos coa pregunta de hoxe!
13. Quen inventou a nitroglicerina?
- Alfred Nobel
- Ascanio Sobrero
- Théophile-Jules Pelouze
Mañá a solución e una nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org e lavanguardia.com Imaxes: 20minutos.es e ecured.cu
Goza coa túa lingua!
#DígochoEu
Continúo coa serie adicada aos inventos. A evolución humana está irremediablemente ligada a eles que desempeñaron un papel fundamental no camiño cara ao que agora somos. Sen a invención de determinados elementos moi probablemente o ser humano nunca desenvolvería determinadas habilidades e a nosa evolución seguise outros camiños.
A contestación correcta á pregunta de onte é Felix Hoffmann. Corrían os anos oitenta do século XIX, e a recentemente unificada Alemaña estaba a converterse no centro da industria química mundial, nese momento, pola produción de colorantes. A iso dedicábase principalmente Bayer, ata que Duisberg decidiu que a súa empresa debía entrar na carreira por atopar un medicamento para baixar a febre. Por iso, cando asumiu o control da compañía en 1890, unha das súas primeiras medidas foi ampliar o programa de investigación de medicamentos, e fíxoo creando dous equipos distintos. Liderado polo químico Arthur Eichengrün (1867-1949), un grupo de farmacéutica debía crear os medicamentos. Á súa vez, Heinrich Dreser (1860-1924) lideraba o equipo que os poñería a proba (farmacoloxía). E aquilo converteuse nunha especie de “laboratorio do doutor chalado”. Buscando un sustitutivo da morfina, o mozo Felix Hoffmann (1868-1946) resintetizou un vello coñecido: os opiáceos. O resultado foi un produto que, ao probalo eles mesmos, deulles unha sensación de euforia que os fixo sentir como “heroes”, dixeron. Acababan de bautizar a heroína. Igualmente, e vista a irritación que lle provocaba ao seu pai –enfermo de reumatismo– o ácido salicílico, Hoffmann dispúxose a facer o mesmo con ese produto. Tras moitos ensaios, o 10 de agosto de 1897 logrou crear acedo acetilsalicílico nunha forma químicamente pura e estable. Fíxoo só? Eichengrün, que era o seu superior no grupo de farmacéutica, sempre asegurou que non, e que en realidade el deu as indicacións ao seu subordinado para sintetizar a aspirina. Se Hoffmann pasou á historia é porque a empresa sempre apoiou a súa versión dos feitos. Aínda que, en honra á verdade, existen motivos para sospeitar que Eichengrün foi silenciado. E é que era xudeu. De feito, sobreviviu de milagre á súa estancia no gueto de Theresienstadt. Con todo, tampouco lle serviu para que a súa historia fose recoñecida. Morreu en 1949, e non como o inventor da aspirina.
E imos coa pregunta de hoxe!
12. Quen inventou o limpaparabrisas?
- Henry Ford
- Mary Anderson
Mañá a solución e una nova pregunta!
FONTE: lavanguardia.com e es.wikipedia.org Imaxes: lavanguardia.com e ondavasca.com
Continúo coa serie adicada aos inventos. A evolución humana está irremediablemente ligada a eles que desempeñaron un papel fundamental no camiño cara ao que agora somos. Sen a invención de determinados elementos moi probablemente o ser humano nunca desenvolvería determinadas habilidades e a nosa evolución seguise outros camiños.
A contestación correcta á pregunta de onte é Ezra Wanner. As primeiras latas de conserva abríanse utilizando coitelos, ciceis ou rochas. En 1858, o norteamericano Ezra Warner patentou o primeiro abrelatas. Era un aparello enorme, difícil de usar que consistía nunha especie de fouce que tiña que se introducir á forza na lata. En 1870 William Lyman deseñou o primeiro abrelatas moderno. O abrelatas de peto foi patentado por José Valle Armesto, a comezos do século XX.
E imos coa pregunta de hoxe!
13. Quen inventou a Aspirina (ácido acetilsalicílico)?
- Felix Hoffmann
- Arthur Eichengrün
- Heinrich Dreser
Mañá a solución e una nova pregunta!
FONTE: es.wiikipedia.org Imaxes: x.com e doctorsempertegui.com
Continúo coa serie adicada aos inventos. A evolución humana está irremediablemente ligada a eles que desempeñaron un papel fundamental no camiño cara ao que agora somos. Sen a invención de determinados elementos moi probablemente o ser humano nunca desenvolvería determinadas habilidades e a nosa evolución seguise outros camiños.
A contestación correcta á pregunta de onte é Hans Lippershey. Os primeiros telescopios coñecidos apareceron en 1608 nos Países Baixos e atribúense a Hans Lippershey (a cuxo nome figura a patente coñecida máis antiga sobre o instrumento). Tan só un ano despois, en 1609, Galileo Galilei presentou o seu deseño. Entre os moitos outros que afirmaron facer o descubrimento figuran Zacharias Janssen, un fabricante de lentes de Middelburg, e Jacob Metius de Alkmaar. Doutra banda, investigacións posteriores suxiren que puido ser inventado en 1590 polo español Juan Roget, cuxo achado podería chegar uns anos despois aos Países Baixos, onde sería patentado.
E imos coa pregunta de hoxe!
10. Quen inventou o abrelatas?
- William Lyman
- José Valle Armesto
- Ezra Warner
Mañá a solución e una nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: biografiasyvidas.com e viambox.com