Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OS INVENTOS? XIII

Continúo coa serie adicada aos inventos. A evolución humana está irremediablemente ligada a eles que desempeñaron un papel fundamental no camiño cara ao que agora somos. Sen a invención de determinados elementos moi probablemente o ser humano nunca desenvolvería determinadas habilidades e a nosa evolución seguise outros camiños.

A contestación correcta á pregunta de onte é Mery Anderson. Este invento non é de onte. Conta a lenda que no inverno de 1902 a 1903, esta estounidense estaba de visita en Nova York. Caía unha forte nevada e o condutor do coche que a levaba tiña que sacar a man cada certo tempo para retirar a neve do cristal. Ao facelo, ademais, o frío asolagaba a cabina do coche. Era algo aparatoso e incómodo e Mary pensou que se podería mellorar, así que se puxo a pensar e ao pouco tempo da súa primeira idea xurdiu o primeiro limpiaparabrisas patentado, iso si, da historia. A finais de 1903, o limpiaparabrisas de Mary Anderson era un brazo cun perfil de goma que se apoiaba no cristal e que se accionaba desde dentro do coche coma se fose unha especie de manivela, é dicir, completamente manual. Por desgraza para Mery, ningunha compañía de coches considerou que a innovación fóra de interese. Ao contrario, pensouse que podería distraer a atención do condutor da mesma condución, así que non chegou a vendelo. Pero pouco despois, en 1905, Henry Ford probou un dispositivo similar e incorporouno a algúns dos seus coches desde 1908. A patente como tal expirou en 1920 e para mediados da década, case todos os automóbiles de Estados Unidos contaban xa con limpiaparabrisas. Ao final resultaba que si era útil. De feito, o invento seguiu evolucionando. Primeiro fíxose eléctrico. Logo, nos anos 60, xurdiu o limpiaparabrisas intermitente. Ao seu inventor, Bob Kearns, pasoulle un pouco como Mary Anderson. Nunca lle compraron a idea, pero sacaron ao mercado os primeiros coches con limpiaparabrisas intermitentes.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Quen inventou a nitroglicerina?

- Alfred Nobel

- Ascanio Sobrero

- Théophile-Jules Pelouze

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org e lavanguardia.com    Imaxes: 20minutos.es e ecured.cu

0 comentarios