CANTO SABES DE GALICIA LXIII
Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Moio. É unidade de capacidade de líquidos, equivalente a 8 olas (128 litros, xa que unha ola son 16 litros, aínda que esta pode variar entre 16, 16,5 ou incluso 20 litros dependendo da zona. A ola tamén se chama, en sitios, cabazo).
E imos coa pregunta de hoxe!
63. Na seguinte lista aparecen títulos importantes da literatura galega xunto cos seus autores, pero están descolacados. Fai ti a correcta relación:
- A Esmorga - Castelao
- Merlín e Familia - Rosalía de Castro
- Cousas - Manuel Rivas
- Follas Novas - Manuel Antonio
- Que me queres, amor? - Álvaro Cunqueiro
- De catro a catro - E. Blanco Amor
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es, lavozdegalicia.es, info.igme.es Imaxe: cadenaser.com
0 comentarios