Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE A ENERXÍA NUCLEAR? XII

Continúo coa seria adicada á enerxía nuclear, xerada nun proceso físico do interior dos átomos e das partículas máis pequenas que os forman: os protóns e os electróns, e na que se depositan as esperanzas nesta fonte de enerxía como apoio para deixar atrás aos perigosos combustibles fósiles, para abrir camiño a unha transición enerxética da man das coñecidas como enerxías renovables (eólica, solar...); pero que debido á súa mala fama herdada dos horrores das armas nucleares, e dalgúns accidentes de centrais nucleares primitivas (que pouco teñen que ver coas actuais), a información que rodea á enerxía nuclear continúa infestada de medos e mitos.

Á resposta á pregunta de onte é Baixo terra, ou en grandes piscinas cubertas de formigón. Os residuos blíndanse e almacenan en lugares seguros: grandes piscinas, nas que a auga arrefría os residuos; ou en bidóns, que se colocan en almacéns blindados, con formigón, e enterrados baixo capas de terra.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Os accidentes nucleares son moi habituais, e por iso as centrais nucleares son moi perigosas.

- Verdadeiro

- Falso

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

0 comentarios