UN ESPAÑOL GAÑA UN PULITZER COAS IMAXES DA PANDEMIA
Agustina Cañamero, de 81 anos, abraza e bica ao seu marido, Pascual Pérez, de 84, a través dunha pantalla de plástico como medida preventiva contra o coronavirus nunha residencia de anciáns en Barcelona, o 22 de xuño de 2020 / Emilio Morenatti/AP
Emilio Morenatti (Zaragoza, 1969) é o gañador dun Premio Pulitzer polos seus retratos sobre o impacto da pandemia nas persoas maiores en España. O veterano fotoperiodista, que traballa para a axencia de noticias The Associated Press, é o primeiro español que recibe o galardón na categoría de reportaxe fotográfica. O xurado do principal premio ao xornalismo estadounidense destacou a súa “conmovedora serie” de fotografías que “achega aos espectadores á vida dos anciáns en España que loitan durante a pandemia”.
Se queres coñecer o resto das forografías coas que Emilio Morenatti ganou iste premio preme AQUÍ.
Parabéns!
FONTE: Antonia Laborde/elpais.com
0 comentarios