CANTO SABES DA LITERATURA ESPAÑOLA? II
Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada á Liretatura Española. A literatura é un dos ámbitos que máis destacaron en España, e é que o noso país tivo grandes escritores e escritoras recoñecid@s internacionalmente en cada século da historia, nunha ampla variedade de xéneros entre narrativa, teatro, poesía ou ensaio, así como movementos que penetraron no noso país como o Romanticismo, o Neoclasicismo ou o Modernismo.
A contestación correcta á pregunta de onte é Retrata a un heroe realista e humano, afastado do heroe mítico. O Cantar de mio Cid é un cantar de xesta anónimo que relata fazañas heroicas inspiradas nos últimos anos da vida do cabaleiro castelán Rodrigo Díaz de Vivar (1043-1099). É a primeira obra narrativa extensa da literatura española nunha lingua romance e presenta un alto valor literario. Está escrito en castelán medieval e composto ao redor do ano 1200 (datas post quem e ante quem: 1195–1207). Non se coñece o título orixinal, mais probabelmente se chamaría xesta ou cantar, termos cos que o autor describe a súa obra nos versos 1.085 e 2.276, respectivamente.
E imos coa pregunta de hoxe!
2. Que novela deu inicio ao xénero da novela picaresca en España?
- A vida do Buscón
- O Lazarillo de Tormes
- Guzmán de Alfarache
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal larazon.es/cultura, es.wikipedia.org e propia Imaxes: es.wikipedia.org e Wikimedia Commos
0 comentarios