Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE BOTÁNICA? XIII

Coninúo con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.

A resposta á pregunta do día anterior é Fototropismo. As plantas responden fronte a estímulos externos mediante movementos, así un deles e o máis importante é o  fototropismo. Iste é unha resposta que se relaciona coa dirección do estímulo. Cada parte dela responde de distinta forma a este estímulo. No caso do talo, obsérvase un fototropismo positivo, porque este medra cara á fonte luminosa. A raíz, en cambio, non necesita da luz, por tanto presenta un fototropismo negativo. Nas follas, apréciase unha reacción moi interesante. Estas adoptan diferentes posicións, que lle permiten captar mellor a luz do Sol. Dise que presentan  plagiofototropismo, debido ao crecemento que levan a cabo, con certa inclinación.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Sabes que planta é coñecida como a "planta cadáver" e ten unha das  inflorescencias máis grandes do mundo?

- Gigantum florum

- Amorphophallus titanum

- Enormopetalum rosaceus

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e wikipedia.org         Imaxe: nationalgeographic.com.es

0 comentarios