Blogia
vgomez

CANTO SABES DA GRAN BRETAÑA? VII

Continúo coa serie adicada a Gran Bretaña, a illa situada no océano Atlántico Norte fronte á costa noroeste da Europa continental, sendo a maior illa de Europa, é a terceira máis poboada do planeta.

A contestación correcta á pregunta de onte é Scafell Pike. É a montaña máis alta de Inglaterra con 978 metros sobre o nivel do mar. Está situado no condado de Cumbria dentro do parque nacional do Distrito dos Lagos. Ás veces é confundida cunha montaña veciña chamada Sca Fell, da que está separada polo paso de Mickledore.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Cal é a poboación aproximada de Inglaterra?

- 46 millóns

- 56 millóns

- 66 millóns

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: scafellpike.org.uk e humanidades.com/inglaterra

0 comentarios