#DígochoEu: Haiche rabudos sen rabo!
Rabudo! Cal é o seu significado?
#DígochoEu
Rabudo! Cal é o seu significado?
#DígochoEu
En galego non hai *sobornos!
#DígochoEu
Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada a Xamaica, un país insular situado non mar Caribe. A terceira illa máis grande das Grandes Antillas e do Caribe (despois de Cuba e a Española).
A contestación correcta á pregunta de onte é 11.000 km2. Exactamente 10.991 km2. O país está formado por unha soa illa, que conta con 240 km de longo e un máximo de 80 km de ancho.
E imos coa pregunta de hoxe!
2. Ubicación de Xamica!
- Está a 330 km do subcontinente centroamericano, a 50 km ao sur de Cuba e a 180 km ao oeste da illa da Española, e a uns 400 km de Porto Rico.
- Está a 630 km do subcontinente centroamericano, a 150 km ao sur de Cuba e a 180 km ao oeste da illa da Española, na cal están Haití e a República Dominicana e a un 621 km de Porto Rico.
Mañá a solución e una nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.mapas-jamica.com e freepik.es
Xamaica é un país insular situado non mar do Caribe. Unha montañosa illa situada ao sur de Cuba. A terceira illa máis grande das Grandes Antillas e do Caribe (despois de Cuba e a Española). Cristóbal Colón descubriu a illa en 1494 e cando os indios nativos arawak extinguíronse, os españois comezaron a importar escravos africanos. Na actualidade, máis do 90% da poboación é de descendencia africana.
Queres coñecer un pouco mellor este país insular?
Si! Pois comezamos.
1. Tal como dixemos, Xamia, atópase no mar do Caribe, pero cal é o tamaño desta illa, aproximadamente?
- 10.000 km2
- 11.000 km2
- 12.000 km2
Mañá a solución e una nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: evaneos.es e es.wikipedia.org
*Hombro é incorrecto en galego, pero polo h!
#DígochoEu
Cu non leva til! Atención a explicación de Esther!
#DígochoEu
Cofear o gato! De que estamos a falar?
#DígochoEu
Remato coa serie adicada a Belize, a pequena nación caribeña de Belize está chea de marabillas, desde os sitios maias coñecidos máis antigos do mundo ata o segundo sistema de arrecifes máis grande do planeta.
A contestación correcta á pregunta de onte, e última da serie, é Tapir. O tapir de Baird (Tapirus bairdii) é unha especie de mamífero perisodáctilo da familia dos tapíridos, unha das catro especies americanas que existen de tapir, coñecido en Belize como “vaca de montaña” sendo o animal oficial do país. Como ave de Belize teñen Tucán Peteiroverde, tucán peteiro iris ou tucán peteiro de canoa (Ramphastos sulfuratus) é unha especie de ave piciforme da familia dos tucáns. Como flor de Belize teñen a Prosthechea cochleata conocida como Black Orchid (Orquídea Negra), una orquídea epífita e simpodial.
E así remato esta serie esperando que servise para coñecer algo mellor este país.
Ata a próxima serie!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: animalpedia.fandom.com, es.wikipedia.org e mexico.inaturalist.org