Blogia
vgomez

CANTO SABES DE BELIZE? XV (FIN)

Remato coa serie adicada a Belize, a pequena nación caribeña de Belize está chea de marabillas, desde os sitios maias coñecidos máis antigos do mundo ata o segundo sistema de arrecifes máis grande do planeta.

A contestación correcta á pregunta de onte, e última da serie, é Tapir. O tapir de Baird (Tapirus bairdii) é unha especie de mamífero perisodáctilo da familia dos tapíridos, unha das catro especies americanas que existen de tapir, coñecido en Belize como “vaca de montaña” sendo o animal oficial do país. Como ave de Belize teñen Tucán Peteiroverde, tucán peteiro iris ou tucán peteiro de canoa (Ramphastos sulfuratus) é unha especie de ave piciforme da familia dos tucáns. Como flor de Belize teñen a Prosthechea cochleata conocida como Black Orchid (Orquídea Negra), una orquídea epífita e simpodial.

E así remato esta serie esperando que servise para coñecer algo mellor este país.

Ata a próxima serie!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: animalpedia.fandom.com, es.wikipedia.org e mexico.inaturalist.org

0 comentarios