Blogia
vgomez

EFEMÉRIDES DO DÍA

TAL DÍA COMO HOXE: 19 DE XUÑO...

1978 En EEUU nace a tira cómica Garfield.

1980 En Italia asínase o Convenio de Roma sobre obrigacións contractuais na Comunidade Económica Europea.

2004 No Kitt National Peak Observatory, en Arizona (EEUU), os astrónomos Roy Tucker, David Tholen e Fabrizio Bernardi descobren o asteroide Apofis.

FONTE: hoyenlahistoria.com   Imaxe: es.scribd.com  prezi.com

TAL DÍA COMO HOXE: 18 DE XUÑO...

1815 Na Batalla de Waterloo as tropas napoleónicas son derrotadas, polo que Napoleón Bonaparte ten que renunciar o trono por segunda vez.

1837 En España, a raíña rexente María Cristina de Borbón xura a Constitución de 1837, que é a de 1812 con algunhas modificacións.

1858 En Inglaterra, Charles Darwin recibe unha mensaxe de Alfred Russel Wallace na que inclúe a mesmas teoría da evolución que as súas. Isto anima a Darwin a publicar a súa teoría.

1881 En Vigo (España), sae da estación ás 6.40 o primeiro tren de viaxantes que fará o traxecto Vigo-Ourense.

1979 Estados Unidos e a URSS asinan o tratado SALT II.

1983 No transbordador STS-7, a astronauta Sally Ride convértese na primeira muller estadounidense que chega ao espazo

2004 Os países membros da Unión Europea aproban o proxecto de Constitución Europea (formalmente chamado «Tratado polo que se institúe a Constitución para Europa»).

FONTE: hoyenlahistoria.com    Imaxes: hoyenlahistoria.com e vigoindustrial.com

TAL DÍA COMO HOXE: 17 DE XUÑO...

1763 Jacques Marquette e Louis Jolliet comezan a exploración do río Misisipi.

1867 Utilízase o primeiro tratamento antiséptico cirúrxico.

1885 A Estatua da Liberdade chega ao porto de Nova York.

1942 Primeira aparición das historietas de G. I. Joe.

1950 Realízase o primeiro transplante de ril.

1970 Paténtase a cámara Polaroid.

FONTE: hoyenlahistoria.com     Imaxes: lasillarota.com e amazon.es

TAL DÍA COMO HOXE: 16 DE XUÑO...

1586 En Inglaterra, María Tudor, I de Inglaterra recoñece ao seu esposo, Felipe II de España, como o seu herdeiro.
 

1846 En Italia, Giovanni María Mastai Ferretti é elixido papa, adoptando o nome de Pío IX.

1960 Estréase a película Psicose, de Alfred Hitchcock.

1963 Valentina Tereshkova convértese na primeira muller cosmonauta da historia, ao participar na misión Vostok 6.

1978 En Estados Unidos estréase a película Grease.

1983 Yuri Andrópov é nomeado presidente da Unión Soviética.

FONTE: hoyenlahistoria.com   Imaxes: historia.nationalgeographic.com.es e filmaffinity.com/es

TAL DÍA COMO HOXE: 15 DE XUÑO...

1667 En Francia, o médico Jean-Baptiste Denys realiza a primeira transfusión de sangue nun ser humano.

1752 O científico estadounidense Benjamin Franklin demostra que o raio é electricidade.

1919 John William Alcock e Arthur Whitten Brown finalizan o primeiro voo transatlántico.

1977 En España, tras a morte do ditador Francisco Franco, teñen lugar as primeiras eleccións democráticas.

2002 O asteroide 2002 MN pasa preto da Terra a 120.700,8 km (un terzo da distancia entre a Terra e a Lúa).

FONTE: hoyenlahistoria.com    Imaxes: Wellcome Library/Sinc e lavanguardia.com

TAL DÍA COMO HOXE... 14 DE XUÑO...

1699 Na Royal Society de Londres, o mecánico británico Thomas Savery presenta a primeira máquina de vapor.

1777 Nos Estados Unidos o Goberno adopta como bandeira a Stars and Stripes (Barras e Estrelas).

1789 No Condado de Bourbon (Estados Unidos) o reverendo Elijah Craig pon en venda un whisky de propia elaboración; chamaríaselle bourbon.

1822 Na Royal Astronomical Society (Londres), Charles Babbage propón a máquina diferencial.

1967 Estados Unidos lanza a súa sonda espacial Mariner 5 con destino a Venus.

1975 A URSS lanza a súa sonda espacial Venera 10 con destino a Venus.

FONTE: hoyenlahistoria.com      Imaxes: es.wikipedia.org

TAL DÍA COMO HOXE... 13 DE XUÑO...

964 Data das Glosas Emilianenses da biblioteca do Mosteiro de Santo Millán de Yuso, tradicionalmente considerada o primeiro testemuño escrito en castelán.

1611 O astrónomo David Fabricius observa por primeira vez manchas solares.

1831 Edimburgo. Nace o físico escocés James Clerk Maxwell, creador da teoría electromagnética.

2008 Inaugúrase en Zaragoza (España) a Expo 2008.

FONTE: hoyenlahistoria.com       Imaxes: es.wikipedia.org

TAL DÍA COMO HOXE... 12 DE XUÑO...

1939 Nos Estados Unidos, Paramount Pictures comeza a filmación da película Dr. Cyclops, a primeira película de horror fotografada en technicolor three-strip.

1964 En Sudáfrica, Nelson Mandela (activista antiapartheid e líder da ANC) é condenado a cadea perpetua por sabotaxe.

1967 A Unión Soviética lanza cara a Venus á sonda espacial Venera 4, que se converte na segunda sonda en entrar na atmosfera de Venus e na primeira en enviar datos sobre ela.

1985 España asina o tratado de adhesión á Comunidade Económica Europea (actual Unión Europea).

1991 En Rusia, Borís Yeltsin é elixido presidente. 

FONTE: hoyenlahistoria.com     Imaxes: es.wikipedia.og