Blogia
vgomez

EFEMÉRIDES DO DÍA

TAL DÍA COMO HOXE... 12 DE XUÑO...

1939 Nos Estados Unidos, Paramount Pictures comeza a filmación da película Dr. Cyclops, a primeira película de horror fotografada en technicolor three-strip.

1964 En Sudáfrica, Nelson Mandela (activista antiapartheid e líder da ANC) é condenado a cadea perpetua por sabotaxe.

1967 A Unión Soviética lanza cara a Venus á sonda espacial Venera 4, que se converte na segunda sonda en entrar na atmosfera de Venus e na primeira en enviar datos sobre ela.

1985 España asina o tratado de adhesión á Comunidade Económica Europea (actual Unión Europea).

1991 En Rusia, Borís Yeltsin é elixido presidente. 

FONTE: hoyenlahistoria.com     Imaxes: es.wikipedia.og

TAL DÍA COMO HOXE: 11 DE XUÑO...

1509 En Inglaterra celébrase o matrimonio entre Henrique VIII de Inglaterra e Catalina de Aragón.

1770 En Australia James Cook descobre a Gran barreira de coral.

1788 O explorador ruso Gerasim Izmailov chega a Alaska.

1935 En Alpine (Nova Jersey), o inventor Edwin Armstrong realiza a súa primeira demostración pública da FM (frecuencia modulada).

1991 Microsoft lanza ao mercado o sistema operativo MS-DOS 5.0.

2002 O Congreso dos Estados Unidos recoñece que o italiano Antonio Meucci (e non o estadounidense Alexander Graham Bell) inventou o teléfono.

FONTE: hoyenlahistoria.com    Imaxes: es.wikipedia.org, x.com e cienciaescolar.wordpress.com

TAL DÍA COMO HOXE: 10 DE XUÑO...

15 a.C. En España (Imperio romano) fúndase a cidade de León durante o reinado de César Augusto.

1865 En Alemaña, Richard Wagner estrea Tristán e Isolda.

1907 En París, Auguste Lumière presenta a fotografía en cor.

1948 Ás 12.45 dáse a primeira emisión de televisión realizada en España

1977 En EEUU, Apple Computer presenta a Apple II.

1982 No océano Atlántico Sur os militares arxentinos réndense ante os británicos. Termina a Guerra de Malvinas.

FONTE: hoyenlahistoria.com        Imaxes: larazon.es e prensaohf.wordpress.com

TAL DÍA COMO HOXE: 9 DE XUÑO...

1905 Á saída da Ópera de París, sucede un atentado (frustrado) contra o rei Alfonso XIII de España.

1928 Charles Kingsford Smith completa o primeiro voo trans-Pacífico cun Monoplano Fokker Trimotor, o Southern Cros.

1934 En Estados Unidos estréase a primeira película de Donald Duck (Pato Donald).

1959 En Estados Unidos inaugúrase o submarino militar George Washington, o primeiro en portar mísiles balísticos.

1976 En España, a ditadura de Franco aproba a lei que autoriza a existencia de partidos políticos.

FONTE: hoyenlahistoria.com    Imaxes: es.wikipedia.org

TAL DÍA COMO HOXE: 8 DE XUÑO...

68 O Senado romano proclama a Galba como emperador.

1191 En Palestina Ricardo I de Inglaterra chega a San Xoán de Acre para empezar a súa cruzada.

1953 Nos Estados Unidos, en pleno apartheid, a Corte Suprema obriga aos restaurantes de Washington a atender a clientes negros.

1972 Na Guerra de Vietnam, o fotógrafo de Associated Press Nick Ut toma a famosa foto premiada cun Premio Pulitzer da nena Phan Thị Kim Phúc correndo espida por unha estrada, queimada polo napalm.

1975 Lanzamento da sonda espacial soviética Venera 9 con destino a Venus.

1992 Celébrase o primeiro Día Mundial dos Océanos coincidindo co Cume da Terra celebrada no Río de Janeiro.

2007 Nos Estados Unidos, a NASA lanza o transbordador espacial Atlantis.

FONTE: hoyenlahistoria.com    Imaxes: elpais.com e senalmemoria.co

TAL DÍA COMO HOXE: 7 DE XUÑO...

1099 Iníciase o sitio de Xerusalén, durante a Primeira Cruzada.

1494 O reino de Castela asina co de Portugal o Tratado de Tordesillas, polo cal se dirime cal será a liña de demarcación dos territorios españois e portugueses no comezo da conquista de América.

1498 Cristóbal Colón parte na súa terceira viaxe cara a América.

1982 En España inaugúrase o Pirulí de Torrespaña.

FONTE: hoyenlahistoria.com    Imaxes: elbibliote.com e es.wikipedia.org

TAL DÍA COMO HOXE: 6 DE XUÑO...

1808 En Bayona, José Bonaparte, irmán de Napoleón, é proclamado Rei de España.

1869 En España promúlgase a Constitución de 1869.

1929 En EEUU, póñense á venda os primeiros alimentos conxelados.

1944 No marco da Segunda Guerra Mundial prodúcese o Desembarco de Normandía, coñecido popularmente como Día D.

1984 En Rusia, Alekséi Pázhitnov inventa un dos videoxogos máis famosos: o Tetris.

FONTE: hoyenlahistoria.com     Imaxes: nnc.com e xataca.com

TAL DÍA COMO HOXE: 5 DE XUÑO...

1305 En Roma, Bertrand de Goth é electo papa e recibe o nome de Clemente V.

1752 Benjamin Franklin proba que o raio é electricidade.

1947 George Marshall presenta o Plan Marshall de axuda aos países europeos afectados pola Segunda Guerra Mundial.

2002 En EEUU lánzase a primeira versión oficial do navegador web Mozilla 1.0.

2007 En España, a banda terrorista ETA renuncia ao cesamento do fogo.

FONTE: hoyenlahistoria.com      Imaxes: x.com e elmundo.es