Blogia
vgomez

TAL DÍA COMO HOXE: 19 DE XULLO...

1525 En Alemaña, Martín Lutero recibe a excomunión do papa de Roma.

1808 En España líbrase a Batalla de Bailén.

1849 En España: promúlgase a lei que obriga ao uso do Sistema Métrico Decimal en todas as transaccións comerciais.

1954 Nos Estados Unidos, Elvis Presley consegue un extraordinario éxito de vendas coa canción That’s all right, mama.



1969 En EEUU, a nave espacial Apolo XI, cos astronautas estadounidenses Aldrin, Armstrong e Collins a bordo, ponse en órbita ao redor da Lúa. Alunizará ao día seguinte, 20 de xullo.

1974 En España, o ditador Francisco Franco é hospitalizado, e delega provisionalmente os poderes ao príncipe Juan Carlos.

1993 En Tui (Pontevedra) inaugúrase a nova ponte internacional sobre o río Miño, que une España e Portugal.

2007 A sonda Cassini-Huygens da NASA descobre unha nova lúa en Saturno: o satélite número 60.

FONTE: hoyenlahistoria.com     Imaxes: es.wikipedia.org e ourense-natural.es

0 comentarios