Blogia
vgomez

TAL DÍA COMO HOXE: 21 DE XULLO...

356 a.C. en Éfeso (Grecia) un home, Eróstrato, incendia o Templo de Artemisa, unha das Sete marabillas do mundo antigo.

1454 Enrique IV é proclamado rei de Castela tras a morte do seu pai, Juan II, en Valladolid.

1961 O astronauta estadounidense Virgil Grissom repite o voo efectuado o 5 de maio deste ano por Alan Bartlett Shepard, a bordo da cápsula Liberty Bell.

1966 A cápsula espacial estadounidense Gemini 10 volve á Terra, despois de 3 días de voo.

1969 Francisco Franco presenta ante o Consello do Reino a designación de Juan Carlos I como sucesor ao trono.

1990 Histórica presentación do músico inglés Roger Waters en Berlín, celebrando a reunificación de Alemaña. Case 300.000 persoas presencian o espectáculo de rock "The Wall", representado no lugar que ocupaba o Muro de Berlín.

2007 O Burj Khalifa supera o edificio máis alto do mundo, o Taipei 101.

FONTE: hoyenlahistoria.com    Imaxes: es.wikipedia.org, rtve.es e mariskalrock.com

0 comentarios